Abelardo Moralejo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928.jpg|miniatura|300px|Membros do [[SEG]] en [[1928]]. De esq. a d. De pé: [[Otero Pedrayo]], [[Antón Losada Diéguez|Losada]], [[Florentino López Cuevillas|López Cuevillas]], [[Vicente Risco|Risco]], [[Carballo Calero]], [[Xosé Filgueira Valverde|Filgueira Valverde]], [[Sebastián García Paz|García Paz]], [[Luís Pintos Fonseca|Pintos Fonseca]], [[Antón Fraguas|Fraguas]] e [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Fernández Osorio-Tafall]]. Sentados: [[Isidro Parga Pondal|Parga Pondal]], [[Abelardo Moralejo Laso|Moralejo Laso]], [[Xesús Carro García|Carro]], [[Salvador Cabeza de León|Cabeza de León]], [[Joaquín Arias Sanjurjo|Arias Sanjurjo]], [[Xerardo Álvarez Limeses|Álvarez Limeses]] e [[Juan Novás Guillán|Novás]].]]
Estudou o bacharelato en [[Zamora]], e ingresou logo na [[Universidade de Salamanca]], onde iniciou estudos na facultade de [[Filosofía e Letras]], onde tivo como profesor a [[Miguel de Unamuno]] e onde obtivo a licenciatura en [[1921]]. Pasou entón á [[Universidade Central de Madrid]] para realizar o doutoramento, á vez que ampliaba estudos e colaboraba con o [[Centro de Estudios Históricos]] que dirixía [[Ramón Menéndez Pidal]]. Durante certo tempo foi incorporado ao exército e serviu durante o período da [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]]. En [[1926]] presentou a tese doutoral, dirixida polo profesor e académico Julio Cejador, que versaba sobre as oclusivas sonoras aspiradas do latín. Nese mesmo ano opositou a cátedras universitarias de [[lingua latina|latín]], e obtivo a correspondente á [[Universidade de Santiago de Compostela]], da que tomou posesión a comezos de [[1927]].
 
Abelardo Moralejo estivo durante o resto da súa vida laboral a cargo desa cátedra. A súa condición de profesor numerario residente, en anos en que era corrente usar o posto en Santiago como trampolín para optar a outros destinos, fixo que estivese case sempre en cargos, como decano ou secretario da facultade de Filosofía e Letras, ou ben noutros cargos directivos da universidade. Outras carencias, como a de profesorado especializado, levárono a impartir clases de materias que estaban nos programas de estudios, pero que non eran da súa especialidade, aínda que as coñecese ben, como podía ser [[lingua árabe]].
 
Moralejo Laso xubilouse no ano [[1968]], aínda que, precisamente, publicou a partir dese momento con maior frecuencia. O campo de investigación de Abelardo Moralejo era a lingüística, mais dentro dela os seus estudos ramifícanse, grosso modo, entre a lingüística clásica e a romance, e dentro desta cómpre destacar o desenvolvemento do estudo da investigación da toponimia galega e leonesa. Pero os seus traballos poden espallarse a outros campos: indoeuropeo, literatura, o mundo xacobeo, traducións etc. Foi pai dunha esplendorosa pléiade de profesores e investigadores universitarios en diversos campos: os Moralejo Álvarez.
Liña 28:
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Moralejo Laso, Abelardo}}
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]