Denominación de orixe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 21 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q325668
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
'''Denominación de orixe''' ('''D.O.''' ou '''D.O.C.''', en [[Francia]] ''Appellation d'Orixine Contrôlée'', AOC) é un tipo de [[indicación xeográfica]] aplicada a un produto [[Agricultura|agrícola]] ou [[Alimento|alimenticio]] cuxa [[calidade]] ou características débense fundamental e exclusivamente ao medio [[Xeografía|xeográfico]] no que se [[Produción (economía)|produce]], [[Industria|transforma]] e elabora.
 
Noutras palabras, é unha cualificación que se emprega para protexer legalmente certos alimentos que se producen nunha zona determinada, contra produtores doutras zonas que quixesen aproveitar o bo nome que crearon os orixinais, nun longo tempo de elaboración ou cultivo.
 
Os produtores que se acollen á denominación de orixe, comprométense a manter a calidade o máis alta posible e a manter tamén certos usos tradicionais na produción, por exemplo, no caso do [[viño]], en certas zonas esíxese utilizar a [[uva]] tradicional da zona. Así mesmo, adoita existir un organismo público regulador da denominación de orixe, que autoriza exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras.
 
A ventaxe fundamental da denominación de orixe é que garante ao consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e unhas características específicas. A cambio, os produtores obteñen unha protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, que lles permite influír sobre o [[prezo]] final destes. Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector [[Produción (economía)|produtivo]] e facilita o acceso de [[Produción (economía)|produtores]] a [[mercado|mercados]]s nacionais e internacionais.
 
Na actualidade existen 27 produtos [[Galicia|galegos]] clasificados como denominación de orixe protexida.