Illas Malveiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m →‎top: Arranxos varios
Liña 6:
Sitúanse a poñente da [[Illa de Cortegada]] e están formadas por dúas pequenas illas (''Malveira Grande'' e ''Malveira Pequena'') e un illote (''Illa das Cabras''); no seu conxunto suman 5,5 hectáreas de superficie. A meirande está arrodeada de area en toda a súa parte sur e é rochosa na súa parte norte; contén vexetación (especialmente toxos ''([[Ulex europaeus]])'', [[fento]]s, [[figueira]]s bravas e [[loureiro]]s) e posúe un par de piñeiros na súa cima. Está coroada por unha vella cruz de pedra e tamén pode verse os restos dunha caseta de [[ladrillo]]. A ''Malveira Pequena'' é máis baixa e pedregosa que a anterior, e nela só medra o toxo.
 
* ''Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía'' <ref>Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ''ínsua de San Bartolomeu'' nas cartas de navegación antigas. [[Fermín Bouza-Brey]]: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: ''de unha'', ''de outra''. </ref>.
 
==Notas==