Domingos Merino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 28:
Mantívose neste posto até marzo de 1981, cando voluntariamente decide someterse a unha [[moción de confianza]] que non chegou a prosperar, e pasa a alcaldía a mans da [[UCD]], o [[1 de abril]]. Trala integración de UG no BNG e posterior abandono en 1983 o PSG desintégrase: nace así o Colectivo Socialista Galego, que participará na Asemblea de Riazor que constituíu o BNG, mentres que Domingos Merino e [[Claudio López Garrido]] pasarán a liderar o PSG, que se fusionará en [[1984]] con [[Esquerda Galega]] para dar lugar ao [[PSG-EG]]. Chegou a ser secretario xeral deste partido e deputado no [[parlamento galego]] na terceira lexislatura dende outubro de 1991.
 
A principios dos 90 impúlsase, en parte dende o [[PSG-EG]], unha nova formación tamén co nome [[Unidade Galega (partido)|Unidade Galega]], e tralos malos resultados nas eleccións xerais e autonómicas de 1993, Merino intégrase xunto con esta formación no [[BNG]]. Polo [[BNG]] foi de novo deputado no parlamento galego na quinta e na sexta lexislatura.
 
En 2005 fíxose cargo da [[Valedor do Pobo|vicevaledoría do Pobo]], a proposta do [[BNG]], cargo ao que renunciou en 2012 por motivos de saúde.<ref>[http://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/el-exalcalde-corunes-domingos-merino-dimite-como-vicevaledor-do-pobo-por-motivos-de-salud/20121027004951083402.html "El exalcalde coruñés Domingos Merino dimite como vicevaledor do Pobo por motivos de salud"]</ref>