OU-536: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 13:
A [[Xunta de Galicia]] iniciou unha redenominación das súas estradas en 2002 seguindo a política de racionalización da nomenclatura dos viarios iniciada polo [[Ministerio de Fomento de España|Ministerio de Fomento]]. Esta nomenclatura nas estradas nacionais non fora alterada desde [[1941]], e nas autovías e autoestradas desde [[1967]].
 
O seu inicio está no campus universitario de Ourense e o cabo nas piscinas municipais da Pobra de Trives.
 
==Historia==
Liña 23:
En [[1965]] e en [[1966]] foron estabilizados algúns [[terraplén]]s e desprazada a traza do viario debido a afundimento de muros antigos nos concellos de [[Castro Caldelas]] e [[A Pobra de Trives]] (PK 82, zona coñecida como 'curva do espello' sentido Trives); así como ampliada a calzada en numerosos puntos (significativa é a actuación no treito Trives-[[Larouco]]). Tamén se procedeu ao pintado de marcas viarias. A OU-536 ([[N-120]]) non foi contemplada polo [[Plan REDIA]] de [[1967]], e non se produciu un acondicionamento do trazado en alzado e en planta ata mediada a década dos oitenta, no treito que discorre desde [[Castro Caldelas]] ata [[Esgos]] como N-120 aínda (daquela estábase construíndo a actual [[N-120]] entre [[Toral de los Vados]] e [[O Barco de Valdeorras|O Barco]], e o treito entre [[A Rúa]] e [[Monforte de Lemos]] estaba operativo como [[C-533]]).
 
No ano [[1994]] a OU-536 ampliábase a 3 carrís (con inclusión de [[carril bici]], posteriormente suprimido) e acondicionábase xeometricamente ata unha velocidade de proxecto de 80  km/h no treito que discorre desde [[Ourense]] ata [[A Derrasa, San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar|A Derrasa]]. En [[1996]] finalizaban as obras de acondicionamento xeométrico do treito [[Castro Caldelas]]-[[Alto de Cerdeira]] (realizadas por OTECA S.A.); e en [[1997]] finalizaban as obras do acondicionamento xeométrico do treito [[Alto de Cerdeira]]-[[A Pobra de Trives]], executadas por Arias Hermanos S.A.
 
É unha estrada que ultimamente tivo melloras de seguridade viaria e sinalización vertical ata a vila de [[Xunqueira de Espadanedo]] desde [[Ourense]]. O seu trazado é aínda moi sinuoso en numerosos treitos, como o que discorre desde [[Xunqueira de Espadanedo]] ata [[A Caseta, As Chás, Maceda|As Casetas do Rodicio]] ([[Maceda]]).
{{Rede de estradas de Galicia}}
 
[[Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia]]