Fernando Echavarri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Biografía: Arranxos varios
Liña 37:
En primavera de 1993, entra por primeira vez no equipo preolímpico de [[España]] como número dous da clase láser, e proclámase subcampión estatal en 1994, 1995 e 1996. Non participa nos Xogos de Atlanta, e en 1997 forma equipo con Antón Paz na [[clase tornado]] para tentar acceder aos [[Xogos Olímpicos de 2000|Xogos de Sydney]], pero quedaron cualificados como equipo B e non acudiron á cita olímpica.
 
A primeira participación olímpica de Echavarri e Paz ten lugar en [[Xogos Olímpicos de 2004|2004]], onde obteñen unha oitava praza. En [[2005]] proclámanse campións do mundo de tornado en [[La Rochelle]], campións de Europa en [[Vastervik]] e de España en [[Palma]] (triunfo este que obtiveron consecutivamente dende 2000 a 2007), e dominan a maior parte das probas do circuíto euroolímpico. Por iso a ISAF os nomea mellores navegantes do ano e concédelles o [[Regatista Mundial do Ano|Rolex-ISAF ao Regatista Mundial do Ano]].
 
En [[2006]] participa Echavarri en tres tiradas da edición de [[2005]]-[[2006|06]] da [[Volvo Ocean Race]] dentro da tripulación do barco [[España|español]] [[Movistar (barco)|Movistar]], e en clase tornado consegue, sempre canda Paz, o campionato Sudamericano e a sexta posición no mundial, celebrado nas augas arxentinas de [[San Isidro, Arxentina|San Isidro]]. Pero o máximo trofeo mundial volveu ao seu barco en [[2007]], neste caso nas augas portuguesas de [[Cascais]], o que lles outorgou a clasificación directa para os [[Xogos Olímpicos de 2008|Xogos de Beixín]].