Joaquín Maurín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
'''Joaquín Maurín Juliá''' involucrouse desde novo en actividades políticas, sendo por iso procesado en varias ocasións. Estudou maxisterio, exercendo como mestre en [[Lleida]] a partir de [[1914]], afiliándose á [[Confederación Nacional do Traballo]] (CNT), sindicato anarquista creado en [[1911]]. En [[1920]] foi elixido secretario xeral da CNT de Lleida e director do seu semanario ''Lucha Social''. En [[1921]] foi enviado coa delegación da CNT ao congreso fundacional da [[Internacional Sindical Vermella]] ou [[III Internacional]] en [[Moscova]]. Tras regresar da [[Rusia]] Soviética en outubro de 1921, será elixido [[Secretario Xeral da CNT]], cargo que ocupa ata a súa detención en febreiro de [[1922]]. A partir de ese ano foi un dos organizadores dos ''Comités Sindicalistas Revolucionarios'' (CSR), corrente pro-[[bolxevique]] dentro da CNT. Como parte da mesma, fundou o semanario ''La Batalla'', en decembro de 1922.
 
No comezo de [[1924]] ingresou, xunto o grupo de ''La Batalla'' no [[Partido Comunista de España]] (PCE), encargándose da organización da Federación Comunista Catalano-Balear (FCCB). A ditadura do xeneral [[Miguel Primo de Rivera]] encarcerouno en xaneiro de [[1925]], permanecendo na cadea ata outubro de [[1927]]. Xa libre, exíliase en [[París]] como outros dirixentes do PCE, regresando a Barcelona en [[1930]]. Nos meses anteriores á instauración da [[Segunda República Española|II República]] Maurín volve a editar ''La Batalla'' e, oposto á política [[Estalinismo|estalinista]] do PCE, a [[Federació Comunista Catalano-Balear]] que dirixe escíndese do Partido.
 
O [[1 de marzo]] de [[1931]], a FCCB fúndese co ''[[Partit Comunista Català]]'', dirixido por [[Ramón Casanellas]], nacendo o [[Bloc Obrer i Camperol]] (BOC) (Bloque Obreiro e Campesiño), do que Maurín saíu elixido secretario xeral. O novo partido medra de forma saliente durante os dous anos seguintes, converténdose no primeiro partido obreiro de [[Cataluña]]. Durante a [[Revolución de 1934|Revolución de Outubro]] de [[1934]] promove a creación das ''Alianzas Obreiras'', que se mostraran efectivas na unidade de todas as organizacións obreiras de [[Principado de Asturias|Asturias]]. Tras a derrota da Revolución do 34, o BOC unifícase coa [[Izquierda Comunista]] (ata esa altura a organización [[Lev Trotski|trotskista]] española), dirixida por [[Andreu Nin]], en setembro de [[1935]], dando lugar ao [[Partido Obrero de Unificación Marxista]] (POUM), do que Maurín é elixido secretario xeral. O POUM asinou o pacto da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], sendo Maurín votado deputado nas eleccións do 16 de febreiro de [[1936]].
 
Ao se producir o golpe de Estado do [[18 de xullo]] de [[1936]], Maurín estaba [[Galicia]], zona onde triunfa a sublevación. Rapidamente tentou pasar para a zona republicana a través de [[Aragón]], pero foi detido en [[Jaca]], e encarcerado polos [[Francisco Franco|franquistas]]. Pasa toda a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] en prisión, mais non será xulgado ata [[1944]]. Foi condenado nun [[consello de guerra]] a 30 anos de prisión, aínda que será indultado en decembro de [[1946]]. Exíliase en Nova York, coa súa esposa e seu fillo, creando una axencia de prensa e dedicándose ao xornalismo e a escribir. Faleceu o [[5 de novembro]] de [[1973]].
Liña 26:
{{Sucesión | título = [[Secretario Xeral da CNT]] | período = maio 1921 - febreiro 1922 | predecesor = [[Andreu Nin]] | sucesor = [[Joan Peiró]] }}
 
{{ORDENAR:Maurín Julia, Joaquin}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Maurín Julia, Joaquin}}
[[Categoría:Secretarios Xerais da CNT]]
[[Categoría:Exiliados do franquismo]]