Diferenzas entre revisións de «Peto de ánimas»

m
Arranxos varios
(Mudo o modelo {{Commonscat}} polo modelo {{Commonscat2}} para evitar conflito con Wikidata (para retirar o artigo da Categoría:Mantemento do modelo commonscat))
m (Arranxos varios)
O seu significado vén da crenza na continuidade da [[alma]] despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o [[purgatorio]]), moi arraigada na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer [[esmola]]s para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.
 
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de [[Famelga, Aguasantas, Cotobade|Famelga]] de [[Aguasantas]] ([[Cotobade]]) lese textualmente: "''Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...''". Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "''Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos''". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "''Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos''".
 
== Localización e dimensións ==
As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do [[país]], e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.
 
Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.
393.002

edicións