Ferreiros, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Patrimonio artístico: Arranxos varios
Liña 20:
==Patrimonio artístico==
*'''Igrexa de San Salvador'''. Conserva restos románicos do século XII e partes do século XVII. O templo é de nave [[ábsida]] rectangular, porta con arco de medio punto que oculta o tímpano, canzorros xeométricos e ocultos con figuras. No interior conserva pinturas e murais que representan a Anunciación, que poden ser do século XV ou principios do XVI. Cofraría de san Brais, da que hai documentación dende o ano 1723 e as Confreirias do Santísimo, san Sebastián e santa Lucía.
 
*'''Casa de Díaz''': Conserva un escudo, edificio contiguo ó templo cunha inscrición do ano 1788 sobre a que aparece unha cruz e unha lenda na parte posterior que reza: Francisco Gil. Un pombal destaca na casa de enfronte que semella que foi a [[Casa reitoral|reitoral]]. As dúas casas puideron pertencer ó igrexario.
 
*'''O Mosteiro''': Cenobio feminino pertence á Orde de San Xoán de Hospital, en cuxa lembranza queda a igrexa parroquial de San Salvador de Ferreiros, do [[arciprestado de Santalla de Rei]]. Entre as xentes do lugar perdura a tradición do mosteiro.
 
*'''Capela de Santa María Madanela''', no lugar da [[A Veneira de Roques, Ferreiros, A Pobra do Brollón|Veneira de Roques]].