Ver, Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 16:
 
==Historia==
No [[Concilio de Oviedo]] ([[século IX]]) aparece como ''Vaer'' nun documento ó sinalizar as lindes da xurisdición do [[mosteiro de San Vicente do Pino]]. E con [[Afonso IX]], o mesmo nome aparece nun privilexio a favor da igrexa de [[Lugo]].
 
==Patrimonio==
*'''Igrexa parroquial'''. Data do [[século XVII]]. Edificio de planta rectangular, construído sobre un castro, con muros de cachotaría de lousa enlucidos. A capela maior, diferenciada da nave en planta e alzado, sepáraa da nave un arco rebaixado de medio punto, e ten a sancristía pegada ó alzado norte.
 
*'''Casa Torre de Ver''', no lugar de Sucastro. Trátase dun conxunto distribuído ó redor dun patio central, no que hai, á parte do edificio principal, un notable número de edificacións de carácter agrícola. O edificio principal, reconstruído en 1761, segundo reza unha inscrición sobre a porta principal, é unha construción de planta rectangular, con muros de cachotaría de lousa, e cuberta a catro augas, en madeira e lousa.
 
*Existe un [[peto de ánimas]] de construción recente pero aproveitando materiais dun anterior. Está cuberto por unha cornixa moldurada sobre a que se situou unha cruz latina.