Freituxe, Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 12:
'''Santiago de Freituxe''' é unha parroquia de [[Bóveda]] na [[provincia de Lugo]]. Segundo o padrón municipal de [[2008]] tiña 28 habitantes (18 homes e 10 mulleres), distribuídos nas entidades de [[Covelo, Freituxe, Bóveda|Covelo]], [[Freituxe, Freituxe, Bóveda|Freituxe]] e [[A Vila, Freituxe, Bóveda|A Vila]], o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 41 habitantes e ao ano [[1991]] cando tiña 51 habitantes.
 
Pertence ó [[arciprestado de Santalla de Rei]]. Limita coas parroquias de [[Laiosa, O Incio|Laiosa]] ó norte, [[Piño, A Pobra do Brollón|Piño]] ó sur, [[Canedo, A Pobra do Brollón|Canedo]] e [[A Ferreirúa, A Pobra do Brollón|A Ferreirúa]] ó leste, e [[Guntín, Bóveda|Guntín]] e [[Mosteiro, Bóveda|Mosteiro]] polo oeste.
 
==Historia==
Liña 19:
==Patrimonio artístico==
*A '''igrexa parroquial''' data do [[Século XVII|s. XVII]]. Edificio de planta rectangular e muros de [[cachotería]], en lousa e algunha cuarcita, enlucidos. A cuberta, a dúas augas, é de madeira e lousa. Atravesando un arco de medio punto peraltado, accédese, dende a nave, á capela maior, tras da que está a sancristía. Espadana de dous vans, realizada en granito, sobre o frontis.
*'''Casa do Priorado''', que conserva o escudo da Abadía de Samos esculpido en mármore, representando, dentro dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma.
 
*'''Casa do Priorado''', que conserva o escudo da Abadía de Samos esculpido en mármore, representando, dentro dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma.
 
==Lugares e parroquias==