Uma, Salvaterra de Miño: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
actualizo datos de poboación |
m Arranxos varios |
||
Liña 13:
==Xeografía==
A súa orografía é montañosa, cunha altitude máxima de 449 metros. Situada entre as parroquias de [[Mouriscados, Mondariz|Mouriscados]] ([[Mondariz]]), [[San Pedro de Batalláns|San Pedro]] e [[Santa Eulalia de Batalláns]] ([[As Neves]]), [[A Franqueira, A Cañiza|A Franqueira]] ([[A Cañiza]]) e [[Guillade, Ponteareas|Guillade]] ([[Ponteareas]]), non limita xeograficamente con ningunha parroquia de Salvaterra.
Nos montes próximos nace o [[río Uma]] que percorre gran parte do concello de Salvaterra. A abundancia de regatos de auga xustifica a gran cantidade de muíños existentes desde a época moderna.
Liña 20:
Uma é unha das parroquias onde se atoparon máis restos arqueolóxicos. Os materiais atopados están en mans de particulares ou depositados no Museo de Ponteareas.
A súa primeira mención documental aparece na información das Miragres de San Telmo, realizada polo ano 1258 co nome "Deuma". A igrexa de Uma pertencía ao [[Mosteiro de Melón]], que no ano [[1516]] a permutou por outras propiedades ao bispo de Tui. Logo foi doada aos monxe da Franqueira ata a Desamortización.
Fabricada en perpiaño, e de pequenas dimensións, a igrexa parroquial de Uma ten planta rectangular rematada nunha cabeceira máis estreita e alta que a nave principal. Pegada a un lateral ten a sancristía. A fachada principal, sen excesivo ornato, ten unha ventá alintelada como único vano. Remata nunha torre de espadana. Os muros laterais organízanse mediante contrafortes. No interior ten unha bóveda de canón sobre o presbiterio e un coro alto situado aos pés da nave.
|