Pesqueiras, Salvaterra de Miño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
actualizo poboación
m →‎Patrimonio: Arranxos varios
Liña 14:
 
==Patrimonio==
No lugar do Outeiriño áchase a '''Ermida da Nosa Señora da Asunción''' exactamente no cume do [[Monte Castelo (Pesqueiras)|Monte Castelo]], sobre o soar dun antigo [[Castro (poboado)|castro]] romanizado, encravada nunha enorme [[pedra]] [[granito|granítica]] de singular beleza. O acceso ao seu interior faise a través dun [[pórtico]] realizado en pedra con [[arco (arquitectura)|arco]] apuntado de medio punto culminado por pequena estrutura a xeito de torre espadana. No seu interior pódense admirar diversos signos de forma serpentiforme, así como gravados que asemellan ferraduras nunha situación próxima ao altar. Segundo a tradición popular reza unha lenda que di: "No teitume da ermida existe unha cruz, que aínda que se intenta borrar, reaparece sempre de novo".
 
No lugar do Rial e da Fontarcade hai un '''[[peto de ánimas]]''' salientábel. Está situado nun [[cruzamento]] de camiños e consiste nun pequeno pedestal no que descansa unha [[fornela]] enmarcada por columnas, no interior das cales se fai unha representación iconográfica das [[ánima]]s do purgatorio en actitude suplicante envolvidas nun purificador lume. Na parte inferior e superior a [[imaxe]] da [[Virxe María|Virxe]] co Neno semella interceder por elas. Unha inscrición presente no propio peto de ánimas parece relacionar a súa construción coa devoción dun fregués "Felipe Álvarez", invitando a rezar pola súa alma todo viaxeiro que por alí pasase.