Toutón, Mondariz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m →‎Patrimonio: Arranxos varios
Liña 14:
==Patrimonio==
[[Ficheiro:Toutón, cruceiro dentro do adro.JPG|miniatura|Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias co Cristo morto no colo).]]
A '''igrexa de San Mateo de Toutón''' data de [[1711]] (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e [[tellado]] a dúas augas, a fábrica é de [[cantaría]] de granito con [[contraforte]]s nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de [[ciborio]] rústico tipo torre, [[amea]]do e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é a[[lintel]]ada e flanqueada por dúas [[pilastra]]s caixadas con [[capitel|chapiteis]] [[xónico]]s que aturan un [[friso]] con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de [[San Ramón]] cunha cartela con inscrición. Enriba un [[ocelo]]. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: [[Mateo o Evanxelista|San Mateo]]. A sancristía áchase no muro sur<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/87290/2016/06/igrexa-parroquial-de-san-mateo-de-touton/ Ficha da ingrexa de Toutón en Patrimonio galego]]</ref>.
 
É de salientar o '''cruceiro do adro''' considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres [[chanzo]]s cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez ca igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o [[chapitel]] corintio con [[voluta]]s nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a [[Virxe das Angustias]] co fillo morto no colo<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/87296/2016/06/cruceiro-da-igrexa-de-san-mateo-de-touton/ Ficha do cruceiro de Toutón en Patrimonio galego]</ref>.