Fuxan os Ventos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 20:
No ano [[1975]] o grupo sufriu a súa primeira escisión. No seo do grupo agroman dúas liñas de traballo, unha tendente ao folclore universal e outra máis comprometida coa cultura, idioma e identidade galega. Foi a segunda liña a que quedou, e comeza o percorrido polos teleclubes da provincia con "Galicia canta ó Neno", unha montaxe e representación costumista-musical, escenificación do xeito de vivir as festas do [[Nadal]] en Galicia. Este proxecto incluíu a participación de moita xente e a recolleita de centos de [[panxoliña]]s, [[aguinaldo]]s e [[cantos de Reis]].
 
Pouco despois aparecen as primeiras ofertas para editar discos. Nos primeiros anos o grupo rexeitaba a posibilidade de gravar o repertorio do grupo, co fin de non comercializar o problema galego. Pero en [[1976]], co fin de espallar o seu traballo, chegan a un acordo [[Philips-Fonogram]], co que o grupo podería gravar á súa maneira (sen arranxos electrónicos), manter a liña do grupo e o compromiso político apartidista e asegurarían que o grupo non se comercializaría cara adentro. Froito daquel acordo edítase en 1976 o seu primeiro disco, ''Fuxan os ventos'', e posteriormente outros tres: ''O Tequeletéquele'' , ''Galicia canta ó neno'' e ''Sementeira''.
 
O grupo segue a cantar na Misa da radio, a representar "Galicia canta ó Neno" por toda Galicia, espectáculo que chega a retransmitirse en en directo, dende o [[Teatro Colón da Coruña]] a través da [[TVE]] en Galicia. Participaron na "1ª Romaxe de Crentes Galego" que organizan [[Irimia]] e [[Encrucillada]], na que colaborarán na maior parte das edicións. En [[1977]], prodúcese a segunda escisión do grupo, por mor de manter a independencia política. Entre [[1978]] e [[1980]] o grupo aumentou o número de actuacións, chegando a [[Cataluña]], [[Euskadi]], [[Lisboa]], [[Bruxelas]], [[París]], [[Zúric]], [[Brest, Bretaña|Brest]], e mesmo en dúas edicións do [[Festival Intercéltico de Lorient]] ([[1978]] e [[1979]]), mentres realizan unha ''Campaña Cultural'' en zonas de montaña, con 30 actuacións en vilas e aldeas da provincia.
 
No ano [[1979]] conseguen o seu maior éxito co disco ''Sementeira'', o que lle seguiría un período onde o grupo aumenta a súa actividade ata cen concertos ao ano. O seu quinto disco ''Quen a soubera cantar'' xa foi coa editora [[Ruada (discográfica)|Ruada]], nun intento fracasado de apoiar o primeiro selo discográfico galego.
Liña 36:
Fuxan os Ventos non foi o único grupo galego cun alto compromiso social da época, pero si o que máis éxito acadou, chegando non só a intelectualidade galega vencellada a canción protesta e os cantautores senón tamén a Galicia de orixe rural.
 
O seu repertorio inicial elaborárono a partir da música [[folk]] universal, inclinándose cada vez máis cara á música popular galega, recollendo [[cantiga]]s dos vellos e vellas dos lugares e incluíndo temas de composición propia. Consonte o período no que estiveron activos (devalar do [[franquismo]] e [[transición española]]), foron adquirindo un compromiso social que se plasmou na incorporación da [[canción protesta]] e de poemas doutros autores, nunha liña de oposición á ditadura e de reivindicación dun pobo, un idioma e unha cultura propia.
 
Como principais características destacan, sen dúbida, a presenza da voz e as letras das cancións. As letras, ben propias ou de poetas galegos, abrangueron temáticas moi amplas: foron en ocasións reivindicativas (temas como a emigración, a Autonomía, a ecoloxía, a pobreza...) ou recolledoras dunha tradición oral coa que tivo intenso contacto o grupo. En ocasións ambos os dous aspectos mesturábanse, aínda que por pola época só o feito de cantar en galego podía ser xa un xeito de reivindicación.