Aguia real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 27:
== Morfoloxía ==
[[Ficheiro:Steinadler Aquila chrysaetos closeup2 Richard Bartz.jpg|miniatura|200px|esquerda|Aguia real.]]
É de [[Marrón|cor castaña]] escura con [[Pluma|plumaspluma]]s [[Amarelo|amarelas]] na [[cabeza]]. [[Cola (zooloxía)|Cola]] [[Branco|branca]] cunha ampla franxa terminal escura. Punta do [[peteiro]] [[Negro (cor)|negra]], [[Iris (anatomía)|iris]] entre escuro e acastañado. Os pitos son negros durante os dous primeiros anos de vida. A [[femia]] é meirande có [[macho]]. O [[hábitat]] desta [[especie]] son extensas [[Montaña|rexións montañosas]] nas que abunden as [[Bosque|masas forestais]].
 
== Subespecies ==
Existen seis [[Subespecie|subespeciessubespecie]]s recoñecidas:
 
* ''A. c. canadensis'': vive en [[América do Norte]] e esténdese dende [[Alasca|Alaska]] ata o [[norte]] de [[México]].
Liña 40:
 
== Nutrición ==
A especie sitúase no cumio da [[pirámide ecolóxica|pirámide trófica]], [[Depredación|depredando]] case todas as especies de [[mamíferos]], [[aves]] e [[réptiles]] existentes no seu territorio. Porén, o groso das súas capturas son os [[Coello|coelloscoello]]s, as [[Lebre|lebreslebre]]s e as [[Marmota|marmotasmarmota]]s. Téñense documentado capturas tan grandes como crías de [[cervo]], [[cabra montesa]] ou [[pita do monte|pitas de monte]] adultas. En períodos de escaseza recorre á [[calaza]]. As capturas fainas dende atalaias e promontorios, ou ben voando entre os rochedos das montañas, sempre procurando a sorpresa. As presas máis pequenas son transportadas ó [[niño]], namentres que as máis grandes son consumidas no mesmo lugar da captura.
 
== Reprodución ==
Aniña nas [[Árbore|árboresárbore]]s e baixíos rochosos en [[Europa]]. Porén, noutras áreas xeográficas da zona holártica constrúe o niño no chan ([[tundra]]) ou nas árbores máis baixas ([[taiga]]). Ocupan niños antigos que van mellorando e ampliando ano tras ano. Unha parella posúe normalmente varios niños e na súa construción participan ambos sexos. O seu período de cría vai dende marzo ata maio. A súa posta consta de un a dous [[Ovo (bioloxía)|ovos]] que son incubados durante 43 e 45 días. Excepcionalmente téñense documentado postas de tres ovos. Os polos permanecen no niño uns 63 a 70 días<ref>''Gran Guía de la Naturaleza. Aves'''. Por Nicolai, Singer e Wothe. Editorial Everest S.A.{{es}}</ref>. Habitualmente a femia choca os ovos e o macho procura o alimento. Trátase dunha especie [[monogamia|monógama]].
 
== Voo ==
[[Ficheiro:Aquila_chrysaetos_3_(Martin_Mecnarowski).jpg|miniatura|300px|Imaxe na que se aprecia as plumas primarias fortemente dixitalizadas.]]
Basea o seu [[voo]] nas correntes térmicas ascendentes, que son aproveitadas para planear sen necesidade de mover as [[Á|ásá]]s. Estas sempre son completamente despregadas, agás nos descensos, nas que son encollidas lixeiramente. En voo, salientan as seis primarias fortemente marcadas en cada á.
 
== Distribución ==
Liña 57:
Historicamente a aguia real tense distribuído nunha franxa de terreo que vai dende o extremo oriental da provincia de [[Provincia de Lugo|Lugo]] ata o extremo suroriental da provincia de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. A persecución directa, a política forestal, a degradación do hábitat e os cambios acontecidos no rural, fixeron que a aguia real desaparecera da zona da [[Baixa Limia]] e das montañas orientais de Lugo na primeira década do século XXI. Isto fixo que a especie entrará en risco de desaparición a medio prazo. Ademais, parte dos escasos individuos que habitan en Galicia son compartidos cos territorios do [[Bierzo]], [[A Cabrera]] e o [[Montesinho]].<ref>A Aguia real no Xurés. Revista Cerna. Número 67, Primavera 2012. Editada por [[ADEGA]]</ref>
 
Debido a isto, no ano 2007, diversos colectivos de [[Biólogo|biólogosbiólogo]]s e [[Ecoloxismo|ecoloxistas]] (coma a [[Sociedade Galega de Ornitoloxía]] ou o colectivo [[GREFA]]), reclamaron medidas máis constantes e maiores recursos para reverter a situación da especie e así garantir a viabilidade de novas poboacións naquelas zonas máis óptimas, como as de [[Trives]] ou a [[Ribeira Sacra]]. Pola contra, dende o Servizo de Biodiversidade da [[Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas|Consellería de Medio Ambiente]] da [[Xunta de Galicia|Xunta]] recoñecíase a mala situación, mais consideraban necesario unha diagnose das causas do declive para organizar un plan de conservación.<ref>[http://galego.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/10/5536254.shtml?idioma=galego Ourense acubilla as últimas seis parellas de aguia real de Galicia], 10 de febreiro do 2007, La Voz de Galicia.</ref>
 
=== En España ===
A aguia real está amplamente distribuída por España, aínda que moi ligada a ambientes rupícolas. De feito as poboacións máis numerosas atópanse no [[Sistema Ibérico]], as [[Cordilleiras Béticas|Serras Béticas]], [[Serra Morena]] e os [[Pireneos]]. Porén, é inexistente nas [[Meseta|mesetasmeseta]]s, na zona do [[Río Guadalquivir|Guadalquivir]], nas [[Illas Canarias]] e nas [[Illas Baleares]]. Por outra banda, é escasa en Galicia e na costa Cantábrica. Historicamente a especie sufriu un forte descenso entre os anos 1960 e 1990. Posteriormente, grazas ás medidas conservacionistas, a especie entrou nun fase máis estable e, nalgunhas zonas, de lixeiro crecemento. En 2008 a SEO estimaba a poboación da aguia real dunhas 1.553 a 1.769 parellas. Catro comunidades autónomas: [[Andalucía]], [[Aragón]], [[Castela-A Mancha]] e [[Castela e León]], contaban co 70 % da devandita poboación, aínda que [[A Rioxa]], [[Navarra]] e a [[Comunidade Valenciana]] presentaban uns mellores datos de densidade.<ref>El aguila real en España. Población reproductora en 2008 y método de censo. Proyecto promovido y
publicado por SEO/Birdlife {{es}}</ref>: