Cantil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
arranxiño, recat
m Arranxos varios
Liña 4:
[[Ficheiro:TalusConesIsfjorden.jpg|thumb|[[Isfjorden]], [[Svalbard]].]]
 
Un '''cantil''' ou '''acantilado''' é un accidente xeográfico que consiste nun lugar escarpado, de gran pendente vertical normalmente preto do [[mar]], sobre o que forma un beiril ou balconada. Tamén poden considerarse cantís os que existen nas [[montaña]]s, [[falla]]s e beiras dos [[río]]s ('''cárcavas''' ou '''cavorcos''').
 
Os cantís acostuman estar formados de rochas resistentes á [[erosión]] e ao desgaste pola acción da [[atmosfera]], xeralmente [[Rocha sedimentaria|rochas sedimentarias]] coma [[limonita]]a, [[arenita]]a, [[calcaria]]a ou [[dolomía]]a, malia aparecer tamén [[rocha magmática|rochas magmáticas]] coma [[basalto]]s ou [[granito]]s, coma no caso das formacións galegas.
Liña 14:
==Exemplos==
===Galicia===
En [[Galicia]] hai varios ben coñecidos, como os de [[Fisterra]], e en xeral na [[Costa da Morte]], os da [[Praia das Catedrais]], ou os da [[comarca do Ortegal]] ([[Costa Ártabra]]), onde salientan os de [[Vixía de Herbeira|Herbeira]], preto de [[Santo André de Teixido]], en [[Cedeira]], con 613 m sobre o nivel do mar, sendo os máis altos da Europa continental.
 
===Estranxeiro===
Entre os cantís costeiros máis altos do mundo áchanse o [[Thumbnail]] (ao sur de [[Groenlandia]], con preto de 1500 [[msnm|metros sobre o mar]]), o ''Risco de Faneque'' na illa de [[Gran Canaria]] ([[Illas Canarias]]) con 1027 m ou un situado en [[Kaulapapa]] ([[Hawai]], con 1010 metros). No [[Brasil]] salientan os da cidade de Torres, no [[Río Grande do Sur]].
 
Entre os cantís interiores máis grandes do mundo atópanse a cara Rupal do [[Nanga Parbat]], no [[Paquistán]], con 4600 metros sobre o baseamento, a parede oriental das [[Torres do Trango]] (no cordal do [[Karakorum]], [[Paquistán]], con 1340 [[metro|m]] de altura de parede case vertical) e o [[monte Thor]] ([[Illa de Baffin]], no [[Canadá]], con 1250 metros de parede vertical con zonas extrachumbadas.