Labrada, Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Dovela > doela.
m Arranxos varios
Liña 30:
 
== Patrimonio histórico e artístico ==
A '''igrexa parroquial de San Pedro de Labrada''', situada na aldea do Barral, esta feita sobre un terreo sumamente crebado e montañoso no que, a finais do [[século XII]], o bispo de Mondoñedo fundou a parroquia. Conserva algún elemento [[arquitectura románica|románico]]. De nave rectangular, con capela maior cadrada de maior altura e sancristía acaroada na cabeceira. Cuberta de tella a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. A fachada, do [[século XVIII]], é de fábrica de perpiaños graníticos, con porta de [[arco (arquitectura)|arco alintelado]], pequena xanela, espadaña de dous corpos e tres vanos rematada en frontón e puntas de diamante, a que se sobe pola escaleira lateral acaroada o muro esquerdo. Os muros laterais son a parte máis antiga do edificio, e teñen quenllas sen debuxo, así como unha porta de arco de medio punto con seis grandes [[Doela|doelasdoela]]s no muro esquerdo, e o seu caron un escudo gótico con cruz. A inscrición no exterior da capela maior data do [[1852]]. E no interior conten imáxes de talla moderna.
 
=== Cruceiros ===
No Barral, hai situados dous [[cruceiro]]s: O primeiro, realizado en [[granito]] e de pequenas dimensións. Cruz cunha figura arcaizante de [[Cristo]], que ten ós seus pés a escultura dunha cabeza; sen capitel, apoiase directamente sobre unha base tronco-piramidal e non ten inscrición.
 
O segundo cruceiro, tamén realizado en granito. Ten unha Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso e a Dolorosa no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con relevo de San Pedro na parte superior, seguido dos atributos da Paixón: cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira; a base, de tronco-piramidal con inscrición ten a data de realización do [[1885]].