Sandiás, Sandiás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 17:
==Patrimonio histórico-artístico==
===Igrexa de Santo Estevo de Sandiás===
Nesta parroquia atópase a [[Igrexa de Santo Estevo de Sandiás|igrexa parroquial de Santo Estevo]]. Foi construída polo mestre de cantería [[Bartolomeu de Nosendo]] antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en [[Santarém, Portugal|Santarém]], ou a parroquial de Batalha.
 
O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás foi realizado entre o ano [[1603]] e o [[1607]] polo entallador [[Xoán Fernández]] "O Mozo" e o escultor [[Francisco de Moure]]. Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.