Diferenzas entre revisións de «Arco do Triunfo de París»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios)
[[Ficheiro:Arc Triomphe.jpg|miniatura|O Arco do Triunfo de noite]]
O '''Arco do Triunfo de [[París]]''' (''Arc de Triomphe'', en [[lingua francesa|francés]]) é un dos [[arco do triunfo|arcos do triunfo]] máis famosos do mundo. Atópase na [[praza Charles de Gaulle]], no extremo oeste da [[avenida dos Campos Elisios]]. Antigamente, o nome da praza era ''Place de l'Étoile''.
 
== Historia ==
[[Napoleón Bonaparte]] decidiu construír este arco trala súa vitoria na [[batalla de Austerlitz]] ([[1805]]), tras prometer aos seus homes: «''Volveredes a casa baixo arcos triunfais''». Foi deseñado por [[Jean Chalgrin]], inspirado na [[arquitectura romana]], e acada unha altura de 49 metros e 45 de ancho. Posúe unha estatua en cada un dos seus catro alicerces:
 
* ''Le Triomphe'' (O Triunfo), de [[1810]].
[[Ficheiro:Interior del arco del triunfo.jpg|miniatura|dereita|Interior do Arco do Triunfo]]
 
Sobre as caras exteriores do Arco están gravados os nomes de grandes [[revolucionario]]s e as vitorias militares de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón I]]. Sobre os muros interiores do monumento están inscritos os nomes dos 558 [[Xeneral|xenerais]] do [[Imperio Francés]]. Os nomes daqueles que morreron en combate están subliñados.
 
Napoleón mudou de idea no último intre á hora de realizares un monumento na praza da Estrela (''Place de l'Étoile''), xa que nun principio o monumento que se ía construír era un elefante de máis de 50 metros que botase un chorro de auga pola trompa. Esta construción sería quizais máis impresionante se cabo có actual Arco do Triunfo erixido pola vitoria na batalla de Austerlitz.
 
[[Ficheiro:Ribart Elephant triomphal.jpg|miniatura|dereita|Proxecto de [[Charles Ribart]] do elefante triunfal ([[1758]])]]
 
Dentro do Arco atópase un museo que explica a súa historia e construción. É posible ascender ao teito desde onde se pode gozar dunha vista panorámica dalgúns dos lugares turísticos máis famosos de [[París]].
 
O Arco do Triunfo forma parte dos monumentos nacionais que posúen unha forte carga histórica. Aos seus pés atópase a ''[[Tumba ao Soldado Descoñecido]]'' da [[Primeira Guerra Mundial]], en cuxa superficie hai unha inscrición: ''ICI REPOUSE UN SOLDAT FRANÇAIS MORT POUR A PATRIE 1914-1918'' («Aquí xace un soldado francés morto pola Patria 1914-1918») e unha chama continuamente acesa que as asociacións de antigos combatientes ou de vítimas de guerras reavivan todos os días ás seis e media da tarde, conmemorando a súa lembranza que é revivida cada [[11 de novembro]], aniversario do armisticio asinado en 1918 entre [[Francia]] e [[Alemaña]] que puxo fin á [[Primeira Guerra Mundial]].
 
== Curiosidades ==
393.002

edicións