Novo Mesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Karte Novo mesto si.png|miniatura|dereita|275px|Localización de Novo Mesto]]
 
'''Novo Mesto''' (en [[esloveno]], literalmente, "Cidade Nova") é unha cidade de [[Eslovenia]]. Consonte a Oficina Estatística da República de Eslovenia, o seu municipio ten unha área de 298,5  km², e segundo o censo de [[2002]] tiña 40.925 habitantes. É considerada como o centro económico e cultural da [[Baixa Carniola]]. O 7 de abril de 2006 a cidade pasou a ser a sede da nova diocese católica de Novo Mesto, sufragánea da arquidiocese de [[Ljubljana]].
 
==Situación xeográfica==
Novo Mesto está situada no sueste de Eslovenia a uns 60  km da capital, [[Ljubljana]], sobre as beiras do [[Río Krka (Slovenia)|río Krka]], e non lonxe da fronteira de [[Croacia]].
 
==Historia==
Novo Mesto foi fundada con o nome de '''Rudolfswert''' (nome [[Lingua alemá|alemán]]; en esloveno adaptado como ''Rudolfovo''), o [[7 de abril]] de [[1365]]. O nome foi posto en honra de [[Rodolfo IV de Austria]], da dinastía dos [[Habsburgo]].
 
Despois da [[Primeira Guerra Mundial]] e da subseguinte disolución de [[Austria-Hungría]], a cidade foi rebautizada oficialmente '''Novo Mesto''', nome que coloquialmente sempre ostentara desde practicamente a súa fundación.
Liña 17:
 
==Datos do censo==
Segundo o devandito censo de [[2002]], ten 40.925 habitantes, dos que 20.017 eran homes e 20.908 mulleres. A idade media era de 39 anos.
 
Aproximadamente corresponden á área urbana 29,25  km², con 13.796 vivendas.
 
==Desemprego==