Anatolii Marienhof: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 2:
'''Anatoli Borisovich Marienhof''' (en ruso Анатолий Борисович Мариенгоф), nado o [[6 de maio]] de [[1897]] e finado o [[24 de abril]] de [[1962]], foi un [[poeta]], [[novelista]] e [[dramaturgo]] [[Rusia|ruso]]. Unha das figuras principais do [[Imaxinismo]], recordado na actualidade polas súas memorias que describen a vida literaria rusa de 1920s e a súa amizade con [[Sergei Esenin]].
== Traxectoria ==
Anatoli Marienhof naceu nunha familia nobre en [[Nizhni Novgorod]]. Tras a súa graduación no instituto en 1914 foi mobilizado e serviu durante a [[Primeira Guerra Mundial]] na [[Fronte Oriental (I Guerra Mundial)|Fronte Oriental]].
 
A carreira literaria de Marienhof empezou en [[1918]] cunha contribución nun almanaque publicado en [[Voronezh]], nese ano tamén se trasladou a Moscova e coñeceu a [[Sergei Esenin]] e outros poetas [[Moscova|moscovitas]]. Xuntos comenzaron un novo movemento poético chamado [[Imaxinismo]]. Marienhof participou en todas as accións e publicacións imaxinistas, tamén publicou unha ducia de libros de poesía no período 1920-1928.
 
Marienhof gañou máis recoñecemento coa súa controvertida ficción: "A novela sen mentiras" (1927) e "Os cínicos" (1928). O primeiro noveliza a súa amizade con Sergei Esenin; o último é unha historia da vida dos intelectuais novos durante a revolución e o [[comunismo de guerra]]. Ámbolos dous recibiron duras críticas na prensa soviética.
 
Despois da publicación da súa última novela, "Homes afeitados", en 1930 en [[Berlín]], Marienhof tan só escribiu para o teatro e máis tarde para a radio sen esperanza de publicar de novo.
 
Nos seus últimos anos, despois da morte de [[Stalin]], Marienhof dedicouse a escribir as súas memorias que se publicaron décadas despois da súa morte.
 
{{ORDENAR:Marienhof, Anatoli}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Marienhof, Anatoli}}
[[Categoría:Escritores en lingua rusa]]
[[Categoría:Escritores de Rusia]]