Pterosauria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 35:
As súas ás estaban formadas por unha complexa membrana sostida polo cuarto dedo da man, que estaba hipertrofiado. O seu corpo estaba cuberto de pelo, preservado en fósiles de polo menos tres especies distintas.
 
Os [[fósil]]es máis antigos de pterosaurios coñecidos pertencen como mínimo ó [[Triásico]] tardío. O máis antigo chámase ''[[Eudimorphodon]]''. É de pequeno tamaño, cola con extremo en forma de rombo, e dentes puntiagudos en ambas as dúas mandíbulas.
 
Os primeiros pterosaurios, desenvolvidos entre o [[Triásico]] serodio e principios do [[Xurásico]], eran similares ó ''Eudimorphodon''; de pequeno tamaño, rabo longo, e dentes (como o ''[[Rhamphorynchus]]'', que tiña dentes que pechaban en forma de trampa).
 
Xa para o [[Cretácico]] se diversificaran en varias formas: algúns sen cola e sen dentes (como o ''[[Pteranodon]]''), outros do tamaño dun avión da [[Primeira Guerra Mundial]] (como ''[[Quetzalcoatlus]]'', a criatura voadora máis grande coñecida), numerosos con cristas (como ''[[Dsungaripterus]]'' e ''[[Pteranodon]]''), e outros con outras características (como o ''[[Ctenochasma]]'', que asemellaba unha [[garza]] e filtraba [[plancto]] por medio dos seus finos dentes).
 
Aparentemente, os pterosaurios perderon moita da súa diversidade antes de concluír a [[Era Mesozoica]]. Só se coñece unha especie que existise no momento da grande [[extinción masiva]] do Cretácico: ''[[Quetzalcoatlus northropi]]''.