Diferenzas entre revisións de «Antonio Maura»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios)
 
== Vida ==
Naceu nunha familia da pequena burguesía mallorquina. Orfo de pai con 13 anos, cursou o bacharelato no Instituto de Palma, e en [[1868]] trasladouse a Madrid para cursar estudos de Dereito.
 
Rematada a carreira, exerceu como avogado no bufete de [[Germán Gamazo]], que chegou a ser ministro de Fomento no goberno de Sagasta de [[1883]]. Iniciouse na vida política nas filas do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] conseguindo a súa primeira acta de deputado por Mallorca en [[1881]] durante o primeiro gabinete liberal da [[Restauración borbónica en España|Restauración]], presidido por [[Sagasta]]. Casou en 1878 con Constancia Gamazo, irmá de Germán Gamazo, da man de quen iría na súa traxectoria política inicial.
 
En [[1886]] ocupa o cargo de vicepresidente do Congreso. Por ese tempo, en consonancia cos liberais escindidos de Gamazo atacará a política librecambista de López Puigcerver, ministro de Facenda do Gabinete Sagasta que acaba por caer en 1890.
 
Cando, tras morrer Guzmán Gamazo en 1901, o grupo liberal disidente se escinde, Maura asumirá
a súa dirección, ata que un acordo con Silvela en 1902 o incorpore ó [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]]. É deste xeito como Maura se converte na figura chave da política española das primeiras décadas do século XX.
 
Foi ministro da Gobernación no gabinete que presidiu [[Francisco Silvela]] en 1902 e que presentaría por vez primeira ás Cortes a [[Lei de Bases de Reforma da Administración Local]]. No seu intento por acabar coas fraudes acostumadas organiza as eleccións municipais de 1903 provocando unha forte oposición contra a súa persoa entre os partidarios de manter o [[caciquismo]] local como modo de estabilidade política. Coa salvidade das principais cidades, nas que triunfaron candidaturas republicanas, non conseguiría impedir a manipulación dos resultados electorais desas eleccións.
 
A dimisión de Silvela como xefe de Goberno non fixo máis que resaltar a figura política do seu principal socio e Maura será aclamado dende entón como líder do Partido Conservador. O 5 de decembro de 1903 formaría o seu primeiro goberno ó suceder ó tamén conservador [[Raimundo Fernández Villaverde|Fernández Villaverde]] na presidencia. No plano internacional conseguiu que Francia e Inglaterra recoñecesen os dereitos españois en Marrocos. Na política interior concentrou o seu programa de reformas en torno á corrupción electoral e á resolución do [[problema catalán]] mediante un proxecto de administración descentralizador de tendencia rexionalista, pero as intromisións do rei en materia militar motivaron a súa dimisión.
 
Durante a etapa liberal, Maura exerceu a xefatura da oposición. Encargado da formación dun novo goberno o 25 de xaneiro de 1907 presidiu o goberno máis longo do réxime constitucional do reinado de [[Alfonso XIII]] ata o 21 de outubro de 1909. Durante o seu goberno levouse a cabo un amplo programa de reformas lexislativas e executáronse medidas no ámbito social coma o establecemento de institucións de asistencia para os máis desfavorecidos. Non obstante, a súa falta de tacto no mantemento da orde pública coa represión sanguenta dos sucesos revolucionarios da [[Semana Tráxica]] de Barcelona (25 de xullo - 2 de agosto de 1909) acabaron bruscamente co seu prestixio e coa súa vida política. O rexeitamento de Maura, coreado pola oposición e pola opinión pública internacional despois do fusilamento de [[Francesc Ferrer i Guàrdia]], levaron a Alfonso XIII a forzar a súa renuncia e substituílo polo liberal [[Segismundo Moret]].
 
Hostil ó goberno de Moret, ratificou a súa identificación con La Cierva, ministro de Gobernación durante a brutal represión de xullo de 1909. Continuou mantendo un certo peso na vida pública. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]], Maura fixo campaña activa a favor da neutralidade española, cos seus sonados discursos do [[Teatro Real]] en 1915, e da Praza de Touros en 1917. Cando foi chamado de novo para asumir a xefatura do Goberno, impuxo condicións para o seu regreso. Presidiría o Goberno de maio a novembro de 1918 e, de novo, en 1922, volvería a estar á fronte dun gabinete de concentración formado tras o [[desastre de Annual]].
 
Ante os incidentes polo tema de Marrocos, Maura nomeou ó xeneral Picasso como xuíz específico para este asunto, provocando a protesta das Xuntas Militares. Durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] manteríase á marxe dedicado a redactar as súas memorias.
 
Retirado da política, morreu en 1925.
 
== Ideoloxía ==
Antonio Maura é unha figura crucial na España do primeiro terzo do século XX. Foi un político apaixonado e polémico. A súa controvertida carreira política enmárcarse dentro da política da [[Restauración borbónica en España|restauración dinástica]] de finais do século XIX e do [[rexeneracionismo]] de principios de século XX.
 
Na primeira etapa da súa traxectoria segue os postulados do [[liberalismo]], dentro da corrente disidente encabezada polo seu cuñado Guzmán Gamazo. Convencido da necesidade de levar a cabo unha reforma do sistema político da Restauración, as súas primeiras intervenciones públicas tiveron como branco a crítica da política conservadora e a disidencia liberal.
 
O [[desastre de 1898]] significou un punto de inflexión na súa carreira política e a adopción dunha das bases do seu ideario: a necesidade de fortalecer a presenza do pobo na vida política do país. Censurando as prácticas da Restauración, coidaba que era necesario reformar o estado e a lexislación para evitar que se desencadease un proceso revolucionario: a "revolución dende arriba" será o seu lema, procurando unha moralización radical que terminase coa corrupción do sistema.
 
O seu ideario político unha vez engrosou as listas dos Conservadores incluía un proxecto de loita contra o caciquismo mediante o saneamento das prácticas políticas, a participación dos cidadáns no quefacer público mediante eleccións non amañadas, e a reforma da Administración provincial. O goberno conservador de Maura, inspirado no principio da "revolución dende o goberno" conseguiu regular e sacar adiante unha serie de proxectos: o dereito de folga, normas de conciliación e arbitraxe laboral, a lei de administración pública e o Instituto Nacional de Previsión.
 
Liberal e católico, Antonio Maura é reivindicado como un dos máis valiosos políticos da dereita española do século XX.
 
== Curiosidades ==
* [http://revista.libertaddigital.com/articulo.php/511 Artigo de Carlos Semprún Maura]
 
{{ORDENAR:Maura Montaner, Antonio}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Maura Montaner, Antonio}}
[[Categoría:Políticos de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]
393.002

edicións