Benito Mussolini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Fusilados mediante HotCat
m Arranxos varios
Liña 5:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Mussolini naceu en Dovia di Predappio, na provincia de Forlí, rexión de [[Emilia-Romaña]] ([[Italia]]). O seu pai, Alessandro, era ferreiro; a súa nai, Rosa Maltoni, era unha mestra que cría firmemente na importancia da [[educación]]. O nome Benito foille dado en honor ó presidente reformista [[México|mexicano]] [[Benito Juárez]]. Como o seu pai, Benito adheriuse ó [[socialismo]].
 
Aos oito anos foi expulsado da igrexa da súa nai, e algúns anos máis tarde tamén foi expulsado da escola, logo de apuñalar a un compañeiro na man e lanzar un frasco de tinta a un mestre. Porén, recibiu boas cualificacións e graduouse como mestre de escola en [[1901]].
 
En [[1902]] emigrou a [[Suíza]] para escapar do [[servizo militar]]. Durante a súa estancia, ó non poder atopar un traballo permanente, foi arrestado por vagancia e pasou unha noite en prisión. Máis adiante, logo de involucrarse no movemento socialista, foi deportado a Italia, onde foi obrigado a facer o servizo militar. Volveu a Suíza inmediatamente e alí foi repetidamente expulsado dun [[Cantóns de Suíza|cantón]] a outro polo seu activismo [[Socialismo|socialista]]. En Suíza trabara contacto con destacados revolucionarios e foi formando a súa cultura política baixo a influencia -ás veces contraditoria, de [[Karl Marx]], [[Pierre-Joseph Proudhon]], [[Friedrich Nietzsche]] e [[Vilfredo Pareto]].
Liña 16:
 
=== Política ===
En [[1910]] foi nomeado secretario da federación provincial de Forli e pouco despois converteuse en editor do semanario ''La Lotta di Classe'' (A Loita de Clases). A vitoria do ala radical no Congreso de [[Reggio Emilia]], celebrado en [[1912]], lle proporcionou maior protagonismo no seo da formación política, que aproveitou para facerse cargo do periódico [[Milán|milanés]] ''Avanti'', órgano oficial do partido. Aínda así, as súas opinións acerca dos enfrontamentos armados da [[semana vermella]] de [[1914]] motivaron certa inquietude entre os seus compañeiros de filas, atemorizados polo seu radicalismo. A división entre Mussolini e o partido acrecentouse coa proclama de neutralidade do primeiro trala entrada de Italia na [[Primeira Guerra Mundial]] en maio de [[1915]].
 
En novembro do mesmo ano fundou o periódico ''[[Il Popolo d’Italia]]'', de tendencia ultranacionalista, o que lle valeu a expulsión do Partido Socialista. Posteriormente, quixo capitalizar o sentimento de insatisfacción que se apoderou da sociedade italiana tralo fin da contenda facendo un chamamento á loita contra os partidos de esquerdas, aos que sinalou como culpables da desfeita, e para iso creou en Milán en [[1919]] os ''[[Fasci italiani di combattimento]]'', grupos armados de axitación que constituíron o xerme inicial do futuro partido fascista en [[1920]]. Conseguiu gañarse o favor dos grandes propietarios e saír elixido deputado nas eleccións de maio de [[1921]].
Liña 28:
{{wikiquote}}
 
{{ORDENAR:Mussolino, Benito}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Mussolino, Benito}}
[[Categoría:Presidentes do goberno de Italia]]
[[Categoría:Militares de Italia]]