Diferenzas entre revisións de «Estado socialista»

m
→‎top: Arranxos varios
(Camboxa ==> Cambodja)
m (→‎top: Arranxos varios)
Denomínase '''Estado socialista''' (ou ''república socialista'') a aquel que se proclama pertencente ao [[socialismo]], como sistema económico e social, incluíndo a propiedade estatal ou cooperativa dos medios de produción e do chan, aínda que existiron grandes diferenzas de concepto entre estados caracterizados por si mesmos como socialistas, os cales, por razóns xeopolíticas (ou no caso da [[Unión Soviética]] de loitas polo poder), terminaron por adoptar na súa gran maioría o sistema coñecido como [[socialismo nun só país]], segundo as ideas e prácticas políticas defendidas por [[Stalin]] e outros seguidores. Adóitase falar de estados nominalmente socialistas en referencia ás chamadas democracias populares que teñen ao [[marxismo]]-[[leninismo]] ou algunha das súas interpretacións como ideoloxía oficial, e nunca de países [[Capitalismo|capitalistas]] gobernados por partidos [[socialdemocracia|socialdemócratas]], aínda que estes en moitos casos se autodenominen socialistas.
 
Foron así mesmo cualificados co nome de ''socialismo real'' ou ''socialismo realmente existente'' co fin de diferencialos das construcións teóricas e xustificar as diferenzas con estas e con partidos ou grupos que puidesen considerarse ''socialistas'' pero opostos a este tipo de réximes. Outras denominacións que tamén se empregaron para referirse a eles a tal fin, en especial en círculos [[trotskismo|trotskistas]], [[comunismo|comunistas]] e [[libertario]]s, son as de ''Estado obreiro con deformacións burocráticas'' e, en termos máis estritamente económicos, capitalismo de Estado. Tampouco é raro velos englobados dentro conceptos como o de [[Stalin|estalinismo]] ou [[maoísmo]].
393.002

edicións