Primavera de Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Adunare Piaţa Palatului August 1968.jpg|miniatura|280px|O presidente romanés [[Nicolae Ceauşescu]] critica a invasión en Bucarest o 21 de agosto de 1968.]]
Durante a [[Guerra Fría]], a '''Primavera de Praga''' (en [[checo]]: ''Pražské jaro''; en [[eslovaco]]: ''Pražská jar'') foi un período de intento de liberalización política en [[Checoslovaquia]] que durou dende o [[5 de xaneiro]] de 1968 ata o [[20 de agosto]] dese mesmo ano, cando o país foi invadido pola [[URSS]], e os seus aliados no [[Pacto de Varsovia]] (fóra de [[Romanía]]) nunha acción que pretendía evitar o ingreso dun potencial sistema capitalista dentro de Checoslovaquia.
 
Os checos e os eslovacos mostraban crecentes signos de independencia baixo o liderado de [[Alexander Dubček]]. As reformas de Dubček en materia dos procesos políticos dentro de Checoslovaquia, ás que el se refería como "[[Socialismo con rostro humano]]", non representaba unha completa destrución do vello réxime, como no caso de [[Hungría]] en [[1956]]. De todos os xeitos, isto foi visto polos líderes soviéticos como unha ameaza á súa hexemonía sobre os outros estados de [[Europa Oriental|Europa do Leste]].
 
A política da URSS de reforzar aos gobernos leais dentro dos seus estados satélites, usando a forza militar de ser necesario, foi coñecida como a [[Doutrina Brezhnev]], chamada así en honra ao líder soviético [[Leonid Brezhnev]], quen foi o primeiro en declarala publicamente. Esta doutrina continuou aplicándose ata que foi remplazada pola [[Doutrina Sinatra]], baixo o réxime de [[Mijail Gorbachov]] nos [[1980]]s.
 
O período de liberalización política en Checoslovaquia chegou ao seu final o [[20 de agosto]] de 1968, cando 200.000 soldados e 5.000 tanques do Pacto de Varsovia invadiron o país. As críticas dende Occidente foron case inexistentes; escritores de esquerda, como [[Tariq Ali]], argumentaron que isto se debía a que os estados de Occidente vían o socialismo humano e democrático de Checoslovaquia como unha ameaza máis grande ao [[capitalismo]] que o [[comunismo]] soviético que, en gran medida, xa estaba moi desacreditado en 1968.
 
Unha década despois, A Primavera de Praga "prestou" o seu nome a un período de aperturismo político en [[China]], coñecido como a [[Primavera de Pequín]].
 
{{Guerra fría}}