Revolución Arxentina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=masacre
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Onganía-Levingston-Lanusse (Revolución Argentina).jpg|miniatura|300px|Xerais [[Juan Carlos Onganía]], [[Marcelo Levingston]] e Alejandro Lanusse, os tres ditadores sucesivos da ''«[[Revolución Arxentina]]»''. ]]
 
'''Revolución Arxentina''' é o nome co que se autodenominou a [[ditadura militar]] que na [[Arxentina]] derrocou ao Presidente [[Arturo Illia]], da [[Unión Cívica Radical del Pueblo]], mediante un [[golpe de estado]] levado a cabo o [[28 de xuño]] de [[1966]].
Liña 5:
A ''Revolución Arxentina'' non se presentou a si mesma como ''«goberno provisional»'', como en todos os golpes anteriores, senón que se estableceu como un novo sistema ditatorial de tipo permanente, denominado [[Estado burocrático autoritario]] (EBA).
 
A alta conflitividade política e social xerada durante a ''«[[Revolución Arxentina]]»'' e as loitas entre os diversos sectores militares produciron dous golpes internos, sucedéndose no poder tres ditadores militares: [[Juan Carlos Onganía]] (1966-1970), [[Marcelo Levingston]] (1970-1971) e [[Alejandro Agustín Lanusse]] (1971-1973).
 
Acosada por unha insurrección popular crecente e xeneralizada, a ditadura organizou unha saída electoral con participación do [[peronismo]] (aínda que impedindo a candidatura de [[Perón]]), en [[1973]], na que triunfou precisamente o candidato peronista [[Héctor J. Cámpora]], co 49,53% dos votos, quen á súa vez renunciou para permitir novas eleccións libres, nas que gañou [[Juan Perón]] co 62% dos votos.