Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=talvez
m Arranxos varios
Liña 86:
A aproximadamente as 05:30 do sábado [[24 de maio]], cando os alemáns estaban a piques de abandonar o estreito de [[Dinamarca]], os [[hidrófono]]s do ''Prinz Eugen'' detectaron a presencia de dous barcos máis a babor. Cara as 05:45 ambos estaban á vista, aínda que os alemán non identificaron á forza inimiga. Resultou ser un grupo de batalla británico formado polo novo acoirazado ''Prince of Wales'' e o envellecido cruceiro de batalla ''[[HMS Hood (51)|Hood]]'', baixo o mando do Contraalmirante Lancelot Holland. O ''Prince of Wales'' fora recentemente rematado e aínda estaban traballando nel (de feito no encontro co ''Bismarck'' había ao redor de 100 traballadores civís a bordo completando o seu equipamento). O ''Hood'' fora construído como un cruceiro de batalla e modificado para darlle a protección dun acoirazado, pero aínda tiña unha blindaxe na cuberta relativamente débil. Os alemáns non se sorprenderon de ser detectados polos barcos británicos, pero que chegasen dous buques capitais ao seu encontro foi un acontecemento inesperado.
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 146-1984-055-13, Schlachtschiff Bismarck, Seegefecht.jpg|300px|miniatura|O ''Bismarck'' disparando ao ''Prince of Wales'' o 24 de maio de 1941]]
Ás 05:49 Holland ordenou fogo concentrado no barco líder inimigo, o ''Prinz Eugen'', pensando que era o ''Bismarck''. Afortunadamente para os británicos, o capitán do ''Prince of Wales'' decatouse rapidamente do erro e cambiaron o seu obxectivo. Holland modificou a súa orde para interceptar o barco correcto, pero non chegou a tempo da primeira salva do ''Hood''.O ''Hood'' realizou os primeiros disparos da batalla ás 05:52, cando xa era de día, seguido pouco despois polo ''Prince of Wales''. O alcance dos barcos alemáns era de aproximadamente 20  km. A primeira salva do ''Hood'' impactou preto do ''Prinz Eugen'', causando danos menores pola metralla preto das torretas de popa.
 
Pasaron máis de dous minutos sen unha resposta dos buques alemáns, antes de que o capitán Lindemann ordenase disparar ao barco líder británico, o ''Hood'', que os alemáns identificaron cando os británicos viraron cara eles ás 05:55. Esta manobra realizouse, aparentemente, nun intento de poñerse na "[[zona de inmunidade]]", unha área dentro da cal tanto o fogo parabólico como o directo é relativamente ineficaz. Máis preto, o ''Hood'' sería menos vulnerable e a potencia de fogo superior dos alemáns veríase afectada. A desvantaxe era que, durante a aproximación, oito dos dezaoito canóns pesados dos británicos non poderían ser disparados.
 
Tanto o ''Bismarck'' como o ''Prinz Eugen'' comezaron a disparar contra o ''Hood'' a unha distancia de 18  km. Os primeiros disparos dos alemáns foron moi precisos e en dous minutos o ''Hood'' recibira polo menos un impacto dun proxectil de 8 polgadas do ''Prinz Eugen''. Este golpeou ao barco británico preto mastro principal e causou un gran incendio que a tripulación procurou controlar. O ''Prinz Eugen'' acertou ao ''Hood'' tres veces durante o encontro. Porén, o ''Bismarck'' tamén foi alcanzado polo ''Prince of Wales'', causando unha fuga de combustible dos tanques dianteiros; polo tanto Lütjens ordenou que os seus canóns apuntasen ao ''Prince of Wales''. O supervivente do ''Bismarck'' Baron Burkard von Müllenheim-Rechberg inicialmente afirmou que os impactos nese barco foron realizados pola terceira salva do ''Hood''; porén, é igualmente probable que eses disparos procedesen do ''Prince of Wales'', xa que é seguro que o ''Hood'' tivo como obxectivo ao ''Prinz Eugen'' a meirande parte da batalla e que a orde de cambiar ao ''Bismarck'' fixo que case todos os seus disparos caesen entre os barcos inimigos, sen impactar a ningún deles. Ás 05:54 a distancia baixara aos 20  km, e ás 05:57 era xa de 17  km. O ''Bismarck'' entón disparou unha cuarta salva que foi lixeiramente longa e caeu cara a popa do ''Hood''. Ao mesmo tempo Holland ordenou xirar 20 graos a babor. Antes de que o barco comezase a virar o ''Hood'' disparou unha quinta salva ás 05:59:30.
[[Ficheiro:Sinking of HMS Hood.jpg|miniatura|esquerda|300px|Afundimento do ''Hood'' co ''Prince of Wales'' en primeiro plano]]
Ás 06:00 o ''Hood'', que estaba no medio da manobra de virar a babor para poder encarar con todo o seu armamento ao ''Bismarck'', foi alcanzado no medio do barco por polo menos un proxectil da quinta salva do ''Bismarck'' que estaba a uns 15  km. Moi pouco tempo despois os observadores de ambos bandos viron un enorme chorro de chamas eleándose cara o ceo, seguido do ruído dun estoupido que partiu o enorme barco en dous. Moitos rachos caeron sobre o ''Prince of Wales'', a 370 m de distancia. A popa do ''Hood'' elevouse e afundiuse pouco antes que a proa, todo iso en tres minutos. O Almirante Holland e 1.415 tripulantes afundíronse co barco. Só tres homes (Ted Briggs, Bob Tilburn e Bill Dundas) sobreviviron. Estes foron rescatados unhas dúas horas e media máis tarde polo destrutor ''Electra''. O Almirantado Británico posteriormente chegou á conclusión de que a explicación máis probable foi a penetración nos seus polvoríns dun único proxectil de 15 polgadas do ''Bismarck'', causando o posterior estoupido catastrófico.
 
O ''Prince of Wales'' tivo que virar cara a frota alemá para evitar golpear cos restos deixados polo buque insignia e foi alcanzado varias veces polos disparos dos dous barcos inimigos. Aínda así, o seu fogo causoulle danos ao ''Bismarck''. O acoirazado británico deu a volta, botando fume, e a súa torreta de popa disparou brevemente baixo o control local. O barco recibiu sete impactos (tres deles do ''Prinz Eugen'') e os fallos mecánicos causaron problemas intermitentes cos canóns principais e a súa torreta de popa deixou de funcionar mentres se afastaba.
 
Ás 06:03 o ''Prinz Eugen'', que ata ese momento disparara 183 proxectís de 203  mm, informou de ruídos na hélice de estribor. O ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' víronse forzados a realizar manobras de emerxencia e foron vistos por un [[hidroavión]] [[Short Sunderland|Sunderland]] pouco despois. Aínda que o capitán Lindemann quería perseguir ao ''Prince of Wales'' e rematar con el, o Almirante Lütjens ignorou as súas suxestións xa que podía atrasar a posibilidade de atoparse con outros buques pesados inimigos. Nunha batalla que durou menos de 20 minutos, o ''Bismarck'' e o seu acompañante destruíran un buque capital inimigo e forzaron a outro a retirarse.
 
Ás 08:01 o ''Bismarck' realizou a seguinte transmisión ao Grupo Norte:
Liña 120:
 
=== Afundimento ===
Ao redor das 08:00 do [[27 de maio]], o ''Rodney'' e o ''King George V'' achegáronse a 39  km do ''Bismarck'', co inimigo ben iluminado polo sol da mañá no fondo. Nese momento a visibilidade era de só 19  km e o estado do mar era de 4–5 (de forte marusía a media vaga). O forte vento estaba soprando dende o noroeste cunha forza de 6 a 7. O ''Rodney'' dirixiuse cara o norte polo que podía disparar ao longo do ''Bismarck'', mentres que o ''King George V'' púxose de lado. Abriron fogo ás 08:47. O ''Bismarck'' respondeu, pero a súa incapacidade de manobrar e a súa escora cara babor afectaron á precisión. A súa baixa velocidade de sete nós o convertía nun obxectivo doado, e rapidamente foi alcanzado varias veces, cos cruceiros pesados ''Norfolk'' e ''Dorsetshire'' incorporándose ao combate. Ás 09:02 un proxectil de 200  mm do ''Norfolk'' impactou no control de fogo principal, matando ao oficial de artillería, Adalbert Schneider, que fora galardonado coa Cruz de Cabaleiro a primeira hora desa mesma mañá pola súa participación no afundimento do ''Hood''. Ás 09:08 un pesado proxectil do ''Rodney'' alcanzou ambalas dúas torretas dianteiras do ''Bismarck'', a Anton e a Bruno, poñendo a esta última fóra de combate; este impacto foi seguido por outra salva que destruiu o posto de control dianteiro, matando á meirande parte dos oficiais superiores. As torretas de popa, Caesar e Dora, continuaron disparando localmente. Ás 09:21 Dora foi eliminada. A tripulación de Anton logrou disparar a súa derradeira salva ás 09:27. Ás 09:31 Caesar realizou o seu derradeiro disparo e entón quedou eliminada. Esta salva alcanzou ao ''Rodney'', danando os seus tubos de torpedos. Os disparos efectuados polo ''Bismarck'' durante a batalla dirixíronse cara o ''Rodney'', o barco máis vello (quizais coa esperanza de conseguir un éxito semellante ao acadado co ''Hood''). O ''Bismarck'' chegou a ser unha ameaza para o ''King George V'' cando von Müllenheim, baixo control de fogo local, concentrouse neste barco pero o seu control foi voado por un impacto directo antes de que puidese disparar ao acoirazado británico. Aos 44 minutos, os canóns pesados do ''Bismarck'' estaban silenciados. O ''Rodney'' colocouse a queimarroupa (aproximadamente 3  km) para varrer a superestructura, mentres que o ''King George V'' disparaba dende máis lonxe.
[[Ficheiro:HMS Dorsetshire Bismarck survivors.jpg|250px|miniatura|Supervivintes do ''Bismarck'' sendo izados ao ''HMS Dorsetshire'']]
O ''Bismarck'' continuou coa súa enseña izada. Sen sinais de rendición, a pesar da desigual loita, o británicos resistíanse a deixar o ''Bismarck''. As súas reservas de combustible e munición eran baixas, unha demostración do difícil que era para un acoirazado destruir unha unidade semellante, incluso nun combate desequilibrado; porén, cando se fixo evidente que o seu inimigo non podería alcanzar un porto, o ''Rodney'', o ''King George V'' e os destrutores foron enviados a casa. Ao ''Norfolk'' non lle quedaban torpedos, polo que o ''Dorsetshire'' lanzou tres de 533  mm a unha distancia relativamente curta, que poderían alcanzar ao ''Bismarck''. As cubertas superiores do barco alemán estaban case completamente destruídas, pero os seus motores aínda funcionaban, aínda que Johannes "Hans" Zimmermann, un fogueiro que sobreviviu, confirmou que a auga salgada entrara nas liñas de alimentación das caldeiras o que obrigou aos enxeñeiros a reducir a velocidade a sete nós, por medo a un estoupido, e o casco aparentemente estaba en bo estado; polo que, en vez de arriscarse a ser capturado, aos supervivintes déuselles a orde de afundir o barco e despois abandonalo. Moitos dos tripulantes caeron á auga, pero poucos mariñeiros das zonas máis baixas dos motores sobreviviron. Como o capitán Lindemann presumíase morto, como todos os seus oficiais, despois do impacto na ponte cun proxectil de 410  mm, non está claro se puido dar a orde de afundir o barco.
 
O ''Bismarck'' desapareceu entre as ondas ás 10:39 desa mañá. Sen saber o destino do buque, o Grupo Oeste continuou emitindo sinais para o ''Bismarck'' durante varias horas, ata que Reuters informou de que o barco fora afundido. En [[Reino Unido]], a [[Cámara dos Comúns (Reino Unido)|Cámara dos Comúns]] foi informada do afundimento a primeira hora da tarde. O ''Dorsetshire'' e o ''Maori'' pararon de rescatar supervivintes, xa que unha alarma de submarinos fixo que abandonasen a zona despois de rescatar a só 110 mariñeiros do ''Bismarck'', abandonando ao resto na auga. Na mañá seguinte o U-74, que escoitara ruidos do afundimento dende a distancia, e o buque meteorolóxico alemán ''Sachsenwald'' recolleu a 5 supervivintes máis. 1.995 dos 2.200 tripulantes morreron.
 
En total, os barcos ingleses dispararon 2.876 proxectís de varios calibres; entre 300 e 400 impactaron no seu obxectivo. Do total disparado, 714 foron de calibres pesados de 360  mm e 410  mm procedentes dos dous acoirazados, uns 80 deles alanzaron ao ''Bismarck'', pero só un feixe penetrou a súa blindaxe.
 
==== Diario de guerra ====
Liña 132:
 
==== Rol da ''Luftwaffe'' ====
A ''[[Luftwaffe]]'' foi obxectivo de fortes críticas de [[Hitler]] por non axudar ao ''Bismarck'' na mañá da súa derradeira batalla. A ''Luftflotte 3'' fora informada das intencións do barco nas primeiras horas do [[24 de maio]] e as súas unidades, principalmente [[Heinkel He 111]], poderían estar posicionadas para axudar ao buque. O [[26 de maio]] o ''Bismarck'' estaba dentro dos 1.100  km da costa francesa (segundo informou o oficial de voo Dennis Briggs voando nun Catalina do 209 Squadron). Un ataque por parte dos He 111, cun alcance máximo de 2.820  km, podería ralentizar ao ''Ark Royal'' e evitar o ataque dos [[Fairey Swordfish]] que paralizou ao ''Bismarck''. A ''Luftwaffe'' apareceu no campo de batalla ao redor dunha hora despois de que o ''Bismarck'' se afundise. 17 He-111 do ''Kampfgeschwader 28'' atacaron ao ''Ark Royal'' pero as súas bombas non acertaron o obxectivo. Só se realizaron 218 saídas da ''Luftwaffe'' apoando a Operación Rheinübung, feitas polos KG 100, KG 1, KG 54 e KG 77. A única vítima deses ataques foi o destrutor ''Mashona'', que foi afundido polo ''Kampfgeschwader 77'' o [[28 de maio]] na costa oeste de [[Irlanda]]. Un [[Focke-Wulf Fw 200 Condor]] avistou ao ''Rodney'' pero foi incapaz de comunicar a posición con precisión sen rádar. Polo tanto perdeuse a oportunidade de que a ''Luftwaffe'' atacase ao acoirazado británico. As misións significativas non se iniciaron ata as 03:00 do [[27 de maio]], e a esa hora o ''Bismarck'' xa estaba sentenciado.
 
==Véxase tamén==
Liña 139:
[http://es.kbismarck.com/ Información sobre o buque] {{es}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Acoirazados]]
[[Categoría:Segunda Guerra Mundial]]