Diferenzas entre revisións de «Naypyidaw»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios)
{{Coordenadas|19|45|N|96|6|E|display=title}}
{{Cidade
|nome_local = နေပြည်တော်}}
|código = my
|bandeira =
}}
{{Contén texto birmano}}
'''Naypyidaw''' ou '''Nay Pyi Taw''' (en [[Lingua birmana|birmano]]: {{lang|my|[[Ficheiro:Naypyidaw.svg|70px]]}}) é a [[capital (política)|capital]] de [[Myanmar]]. Situada na vila de Kyatpyae, no municipio de [[Pyinmana]], na [[división de Mandalay]]. O seu nome significa "Cidade real" ou "Asento de reis" e o seu nome foi anunciado durante o transcurso do Día das Forzas Armadas celebrado en marzo de 2006, data considerada como a inaugural da cidade. A capital administrativa de Birmania foi oficialmente trasladada a Naypyidaw o día [[6 de novembro]] de [[2005]] por decisión da xunta militar. A poboación da cidade é incerta, pero se pensa que rolda os 100.000 habitantes, cunha maioría de birmanos, e con minorías de [[China|chineses]] e [[India|indios]]. A relixión maioritaria dos habitantes é o [[budismo]] cunha minoría de [[Cristianismo|cristiáns]].
 
== Localización ==
A súa localización, nun campo a uns 3 quilómetros ao oeste da cidade de [[Pyinmana]] e a uns 320 quilómetros ao norte da antiga capital, [[Rangún]], foi debido a que alí se atopaba un importante campo de adestramento para os soldados e oficiais do [[Exército Independente Birmano]] que se enfrontou primeiro aos [[Reino Unido|británicos]], e onde logo instalou o xeneral Aung San o seu cuartel xeral, que logrou a vitoria fronte ás tropas [[Imperio xaponés|xaponesas]] durante a súa ocupación do país durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Pyinmana converteuse nunha icona para o exército birmano, xa que foi o lugar onde os birmanos lograron derrotar a exércitos invasores superiores.
 
A cidade atópase aproximadamente no centro do país, nun nó ferroviario e centro de comunicacións próximo aos [[Organización territorial de Birmania|estados]] de [[Shan]], [[Chin]] e [[Kayin|Karen]], asegurando unha presenza militar continua preto das rexións máis conflitivas. Outra das vantaxes que presenta a nova localización é a súa situación afastada de Rangún, cidade conxestionada debido á súa gran poboación e que facía imposible a ampliación dos edificios gobernamentais. Segundo manifestou a oposición birmana ao réxime militar do país, a razón principal foi afastar a cidade da costa para protexela dunha posible invasión estranxeira liderada polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
== Historia ==
 
O actual goberno militar do país empezou o traslado dos ministerios desde [[Rangún]] a Naypyidaw o [[6 de novembro]] de [[2005]]. Cinco días máis tarde, o [[11 de novembro]], ás once da mañá, un segundo convoi de 1100 camións militares, que transportaban once batallóns e once ministerios deixaban Rangún en dirección á nova capital. A repetición do número 11 é debido ás observacións dos astros do astrólogo persoal de [[Than Shwe]]. Esperábase que a maioría dos ministerios estivesen na cidade cara ao final de febreiro de 2006. Con todo, debido á falta de escolas e outras infraestruturas, os funcionarios foron trasladados á cidade e separados das súas familias ata que a cidade dispuxese das infraestruturas necesarias. Ao leste da cidade atópase un complexo fortificado, onde reside o líder de Birmania, o xeneral Than Shwe. Os cuarteis xerais do exército están situados nun recinto separado dos ministerios, e os cidadáns teñen prohibido o entrar na zona militar. Os comerciantes e vendedores teñen restrinxida a súa área de traballo a unha zona próxima ás oficinas gobernamentais.
 
O [[27 de marzo]] de [[2006]], máis de 12000 soldados desfilaron na nova capital no que foi o seu primeiro acontecemento público; un desfile multitudinario o Día das Forzas Armadas no día que se conmemoraba o aniversario da liberación do país da ocupación xaponesa. A toma de imaxes foi restrinxida ao lugar do desfile, tras o que se puido apreciar a silueta de tres enormes estatuas que representan aos reis birmanos [[Anawrahta]], [[Bayinnaung]] e [[Alaungpaya|Alaungpaya U Aung Zeya]], os tres reis máis importantes da [[Historia de Birmania|historia do país]].
 
En novembro de 2006, realizouse a cerimonia inaugural da construción dun gran complexo relixioso na nova capital, moi similar a [[Shwedagon]] en [[Rangún]]. O complexo estará coroado cun [[pagode]] de 98 metros, a mesma altura que a de [[Shwedagon]], e deberá ser visible desde a maior parte da cidade.
 
O xornalista indio, Siddharth Varadarajan, quen visitou a cidade en xaneiro de 2007, describiu a inmensidade da nova capital como "o máximo seguro contra un cambio de réxime, unha obra mestra do urbanismo deseñado para derrotar calquera suposta ''revolución colorista'' - non mediante tanques e canóns de auga, senón por medio da xeometría e a cartografía".
 
Debido ás [[protestas antigobernamentais en Birmania de 2007]], a [[ONU]] enviou a un enviado especial para avaliar a situación. O [[30 de setembro]] de [[2007]] o enviado reuniuse co xefe da xunta militar birmana en Naypyidaw e posteriormente trasladouse a [[Rangún]], onde se reuniu coa líder opositora [[Aung San Suu Kyi]].
393.002

edicións