Diferenzas entre revisións de «Reino de Romanía»

m
Arranxos varios
(corrixo presionar por premer)
m (Arranxos varios)
O [[5 de xaneiro]] de 1859 o coronel [[Alexandre Ioan Cuza]] é elixido príncipe de [[Principado de Moldavia|Moldavia]], e uns días despois, o [[24 de xaneiro]], é igualmente elixido príncipe de [[Valaquia]]. Esta unión dos dous principados baixo un único soberano quedou formalmente establecida o [[5 de febreiro]] de [[1862]] cando quedou creado o Estado de Romanía baixo dominio feudal do [[Imperio otomán]] coa constitución dunha asemblea na cidade de [[Bucarest]] como capital do novo estado.
 
As numerosas reformas iniciadas por Cuza, entre as que destacan a reforma agraria e a emancipación dos servos, fixeron que, o [[23 de febreiro]] de [[1866]], unha coalición de conservadores e liberais radicais, coñecida como a "Coalición Monstruosa", obrigase ao rei a abdicar. Cuza é substituído polo príncipe alemán [[Carlos I de Romanía|Karl de Hohenzollern-Sigmaringen]] quen é proclamado príncipe de Romanía co nome de Carol I.
 
O [[9 de maio]] de [[1877]], trala [[Guerra Ruso-Turca, 1877-1878|guerra ruso-turca]] na que Romanía participou como aliada de [[Rusia]], a derrota dos turcos permite ao estado romanés independizarse da tutela do Imperio Otomán e logra ser recoñecida internacionalmente como nación independente no [[Tratado de Berlín]] de [[1878]] aínda que se viu obrigada a entregar o territorio de [[Besarabia]] meridional a [[Rusia]].
Trala Primeira Guerra Mundial apróbase, en [[1923]] a Constitución, mais os sucesivos gobernos do período de entreguerras obviárona completamente mantendo só a aparencia dunha monarquía constitucional liberal.
 
O Partido Liberal Nacional dominará o panorama político de Romanía entre [[1922]] e [[1927]], período no que irá derivando progresivamente cara posturas ditatoriais que provocarán en [[1927]] a súa caída e a chegada ao poder do Partido Nacional Campesiño.
 
Ese mesmo ano é o do falecemento do rei Fernando I quen, en [[1925]], obrigara a renunciar aos seus dereitos herditarios ao seu fillo Carol debido aos continuos escándalos maritais que protagonizara. O sucesor no trono romanés foi o neto de Fernando e fillo de Carol, [[Miguel I de Romanía|Miguel I]], de tan só seis anos de idade, polo que o goberno ficou en mans dun rexente, o seu tío o príncipe Nicolás ata que, en [[1930]], apoiado polo Partido Nacional Campesiño, Carol logrou recuperar o trono e ser coroado rei como [[Carol II]].
393.002

edicións