Terceira República Francesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{Historia de Francia}}
m Arranxos varios
Liña 35:
 
=== Diferenzas co réxime parlamentario inglés ===
A diferenza do sistema parlamentario británico onde o [[primeiro ministro]] é o líder do partido maioritario no Parlamento, o sistema francés da Terceira República tivo certas particularidades ó selo propio presidente aquel que nomeaba ó primeiro ministro. Ademais, en vez de existiren dous ou tres partidos coma resultado da lei electoral en Reino Unido (ex. os partidos conservador e laborista británicos), a lei electoral francesa (máis proporcional) permitiría a existencia de diferentes partidos no Parlamento que aliábanse en [[coalición|coalicións]]s, as cales eran inestables dado que os partidos tiñan liberdade para cambiar de bloque cando lles conviñese , por polo que sucedíanse bruscos cambios de gabinete.
 
=== Consecuencias ===
A Terceira República non foi motivo de orgullo para [[Francia]]. Os gobernos foron breves e cambiaban radicalmente á súa dirección, xa que todos os políticos do país loitaban polo control. Neste período observouse o raro fenómeno de ministros que permanecían nos seus cargos aínda que o Presidente cambiase.
 
Antes de rematar a década dos 80, o xeneral [[Georges Boulanger]], puxo á república nunha verdadeira crise, xa que debido á súa popularidade entre o pobo, os monárquicos e bonapartistas, o goberno chegou a temer por se os partidarios obtiñan a maioría na eleccións de xullo de [[1889]], tomaría o poder e cun golpe de Estado implantaría unha ditadura, algo que este nunca negou. En marzo de [[1889]], boulanger foi arrestado por traizón, para sorpresa de todos fuxiu e os seus partidarios perderon as eleccións.
 
Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] o goberno logrou sobrevivir ao encontrar aliados que o axudasen contra Alemaña. Porén, vinte anos despois, non puido sobrevivir á [[Batalla de Francia]] en [[1940]], ao estar moi dividida interiormente e pouco preparada para as novas tácticas militares alemás.