Salón dos Independentes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1420385
m Arranxos varios
Liña 1:
A '''Société des Artistes Indépendants''' (''Sociedade dos Artistas Independentes'') formouse en [[París]] no verán de [[1884]] escollendo o lema "Sen xurado nin premios" (''Sans jury nin récompense''). Albert Dubois-Pillet, [[Odilon Redon]], [[Georges Seurat]] e [[Paul Signac]] atopábanse entre os seus fundadores. Dous anos máis tarde, en [[1886]], os ''Artistes Indépendants'' montaron a súa segunda exposición, e dende entón durante tres décadas as súas exposicións anuais estableceron as tendencias. Todas as tendencias artistas de principios do [[século XX]] expuxéronse e discutíronse amplamente por vez primeira neste Salón dos Independentes. A [[Primeira Guerra Mundial]] trouxo consigo unha cruel paréntese á súa actividade, aínda que os ''Artistes Indépendants'' permaneceron activos: coa sede nos vastos baixos do [[Grand Palais]] desde 1920 (na porta de á beira da ''Société des Artistes Français'', a ''Société Nationale des Beaux-Arts'', a [[Salón de Outono|''Société du Salon d'Automne'']], e outras), a súa exposición anual 117º tivo lugar na primavera de 2007 no ''Espace Champerret''.
 
== Historia ==
Durante o [[Segundo Imperio Francés|Segundo Imperio]], os artistas que non eran apoiados pola Academia de pintura e de escultura oficial, a cargo das exposicións do [[Salón de París]] anual ou sen o apoio de políticos tiñan poucas posibilidades de avanzar. De ano en ano, o número de artistas que traballaban en París, o número de artistas que sometían obras ao xurado do [[Salón de Parides|Salón]] e o número de obras rexeitadas polo xurado, incrementáronse, pero nin o Segundo Imperio, nin a [[Terceira República Francesa|Terceira República]] atoparon unha saída a esta situación.
 
En [[1884]], finalmente, os artistas comezaron a organizarse eles mesmos, e o Ministerio de Belas Artes autorizou a un «Grupo de artistas independentes» a que organizasen unha exposición, mentres que a Cidade de París estivo conforme en achegar locais para a presentación. Así que, dende o [[15 de maio]] ata o [[15 de xullo]], a primeira exposición «libre» de arte contemporánea amosou máis de 5.000 obras de máis de 400 artistas.
 
Aínda que sostido por Mesureur, vicepresidente do Concello de París e gran mestre da Grande Loxia de Francia, por Frédéric Hattat, presidente da comisión de Belas Artes do mesmo concello, por Albert Dubois-Pillet, encargado da Garda Republicana, membro do [[Gran Oriente de Francia]], o comezo da Compañía, considerada como un niño de revolucionarios, foi difícil.
 
=== Establecemento ===
O [[11 de xuño]] de [[1884]], Maître Coursault, notario en [[Montmorency]], oficialmente confirmou a creación da ''Société''. Segundo o artigo 1 dos estatutos da organización,
 
:...o propósito da ''Société des Artistes Indépendants'' -baseada no principio da abolición dun xurado de admisión- é permitir aos artistas presentar a súa obra ao xuízo público con completa liberdade.
 
=== ''"Groupe"'' e ''"Société"'' ===
Membros do ''Groupe'' desafiaron esta fundación e tiveron éxito ao conseguir unha exposición organizada «para as vítimas da recente epidemia de cólera», inaugurada o [[1 de decembro]] de [[1884]], por Lucien Boué, Presidente do Concello de París. Pero financeiramente o resultado foi unha desfeita. Malia iso, na primavera de 1885, o ''"Groupe"'' organizou a súa seguinte exposición, esta vez con algún éxito.
 
=== Anos heroicos ===
Entre as obras expostas estiveron ''[[Un baño en Asnieres]]'' por [[Georges Seurat]] e ''A ponte de Austerlitz'' de [[Paul Signac]], e a arte de Henri-Edmond Cross, [[Odilon Redon]], Albert Dubois-Pillet, Louis Valtat, [[Armand Guillaumin]], e Charles Angrand. Pero ao comezo do século XX, todas as tendencias da Escola de París sucederíanse unha detrás doutra no Salón dos Independentes: [[neoimpresionismo]], [[fauvismo]], e [[cubismo]].
 
=== Dende 1920 ===
En 1920, a ''Société des Artistes Indépendants'' obtivo o [[Grand Palais]] para as exposicións do seu Salón.
 
Logo da [[Segunda Guerra Mundial]], o Salón dos Independentes renovouse co grupo de artistas ''Le Jeune Peinture'': Dunoyer de Segonzac, [[Bernard Buffet]], Jean Carzou, [[Maurice Boitel]], Yves Brayer, Aristide Caillaud, [[Daniel du Janerand]], entre outros.