Porta de Brandeburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 7:
[[Ficheiro:Brandenburg Gate Quadriga.jpg|miniatura|[[Cuadriga]] ornamental na Porta de Brandemburgo, [[Berlín]].]]
 
A porta de [[Brandeburgo]], obra do arquitecto [[Carl Gotthard Langhans]], é unha construción en [[Arenita|pedra arenita]] de 26 m de alto, 65,5 m de ancho e 11 m de longo pertencente ao [[Neoclasicismo]] cedo. A porta lembra aos [[Propileos de Atenas|propileos]] da [[Acrópole]] de [[Atenas]]. Posúe cinco zonas de paso, das cales a central é a máis ancha, con dúas portas menores aos lados. As columnas son de estilo [[Arte dórica|dórica]], estriadas, e na súa base acadan un diámetro de 1,75 m. A parte superior e o interior das zonas de paso están recubertos con [[relevo (escultura)|relevos]] que representan a [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], [[Marte (mitoloxía)|Marte]] e á deusa [[Minerva]]. Despois da derruba da [[muralla]] da cidade ([[1867]]/[[1868|68]]), o discípulo de [[Friedrich Schinkel]], [[Johann Heinrich Strack]], colocou a ambos os dous lados os dous [[pórtico]]s maiores.
 
A porta está coroada cunha escultura de cobre duns 5 m de altura, a [[Cuadriga]], creada por [[Johann Gottfried Schadow]], que representa á deusa da [[Vitoria (mitoloxía)|Vitoria]] montada nun carro tirado por catro cabalos en dirección á cidade.
 
== Historia ==
Liña 21:
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] a Porta sufriu graves danos e a [[Cuadriga]] resultou case completamente destruída. O [[21 de setembro]] de [[1956]] o consello da cidade acordou a reconstrución da Porta malia fortes diverxencias entre as autoridades da cidade dividida. Por riba das acusacións mutuas, ambos os lados traballaron xuntos e lograron concluír o traballo o [[15 de decembro]] de [[1957]]. As autoridades de Berlín Oriental decidiron refacer a [[Cuadriga]] cos moldes orixinais, pero quitando a aguia e a [[cruz de ferro]] por consideralos símbolos do militarismo alemán.
 
Coa construción do [[Muro de Berlín]] en [[1961]], a Porta de Brandeburgo quedou en terra de ninguén, sen acceso do leste nin do oeste. Soamente soldados fronterizos e invitados especiais da [[RDA]] tiñan acceso ao monumento.
 
En [[1991]], trala [[reunificación de Alemaña]], a [[Cuadriga]], que non tivera ningún mantemento en 30 anos, foi desmontada e restaurada. Durante esta restauración engadíronselle de novo a aguia e a [[cruz de ferro]]. Entre xaneiro de [[2001]] e outubro de [[2002]] emprendeuse unha restauración completa da Porta, que permaneceu cuberta por 22 meses. A Porta de Brandeburgo foi desvelada entre grandes festividades o [[3 de outubro]] de [[2002]] (aniversario da Reunificación de Alemaña).