Forbach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Blason Forbach 57.svg|miniatura|dereita|100px|Pedra de armas de Forbach]]
'''Forbach''' é unha pequena cidade [[Francia|francesa]] do departamento de [[Mosela]], na rexión de [[Lorena (rexión)|Lorena]]. Ten 22.450 habitantes, consonte datos de [[2007]]. Está situada a 15  km de [[Saarbrücken]] ([[Alemaña]]) e a 120  km de [[Estrasburgo]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:InnenstadtForbach2.JPG|miniatura|dereita|275px|Rúa de Forbach no centro.]]
Durante a [[guerra dos Trinta Anos]], Forbach foi escenario de enfrontamentos armados. O castelo de Schlossberg e a muralla que o protexía foron derrocados en [[1635]] por orde do [[cardeal Richelieu]]. En [[1739]] naceu nesta cidade o xeneral [[Jean Nicolas Houchard]], figura salientábel da [[Revolución Francesa]] e do imperio de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón I]].
 
A liña de tren entre [[Metz]] e Forbach foi inaugurada en [[1851]] e no ano seguinte a de [[Saarbrücken]]. A partir de mediados do [[século XIX]] tres famílias influentes dominaron a súa vida política, económica e social. Estas foron os De Wendel, os Couturier e máis os Adt. Despois da [[batalla de Spicheren]], no marco da [[guerra franco-prusiana]], en [[1870]] Forbach foi anexionada ao Reich alemán, como o resto de Lorena, do que formou parte até o final da [[Primeira Guerra Mundial]], momento no que Lorena (e Alsacia) foron recuperadas polo estado francés.
Liña 14:
* [http://www.mairie-forbach.fr Páxina web do Concello de Forbach]
{{Mosela comuna}}
 
[[Categoría:Cidades de Francia|Forbach]]
[[Categoría:Concellos do departamento de Mosela]]