Bydgoszcz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=masacre
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Bydgoszcz BRE spichrze.jpg|miniatura|Bydgoszcz.]]
 
'''Bydgoszcz''' é unha cidade do norte de [[Polonia]], a carón dos ríos [[Río Brda|Brda]] e [[Río Vístula|Vístula]]. O termo municipal abrangue 175  km² e a súa poboación é de 359.428 habitantes (2014), chegando a 400.000 no conxunto da área metropolitana o que a converte na 8ª cidade do país. Desde [[1999]] é a capital do [[condado de Bydgoszcz]]. É sede da Universidade Casimiro o Grande, da Universidade de Tecnoloxía e Ciencias da Vida e do Collegium Medicum e nas súas proximidades está o [[Aeroporto Internacional Ignacy Jan Paderewsk Bydgoszcz]].
 
== Historia ==
Orixinalmente un asentamento pesqueiro a cidade medrou por mor das rotas comerciais do Vístula. Os [[Orde Teutónica|cabaleiros teutónicos]] ocuparon a cidade entre [[1331]] e [[1337]] e máis tarde polo rei [[Casimiro II de Polonia]] quen lle outorgou dereitos de cidade o [[19 de abril]] de [[1346]].
 
Nos séculos XV e XVI a cidade ocupou un lugar salientable para o comercio do [[millo]]. En [[1657]] [[Xoán II Casimiro de Polonia]] e [[Federico Guillerme de Brandeburgo-Prusia]] asinaron aquí o [[Tratado de Bydgoszcz]].
 
[[Prusia]] anexionou Bydgoszcz en [[1772]] na coñecida como Primeira Partición de Polonia, e incorporouna ao [[distrito de Netze]]. En [[1807]] Bydgoszcz converteuse en parte do [[Ducado de Varsovia]] e de novo volveu a Prusia en [[1815]] como parte do [[Gran Ducado de Poznań]]. Logo de 1871 a cidade formou parte do [[Imperio Alemán]]. En [[1919]] incorporouse a Polonia de novo. O [[3 de setembro]] de [[1939]] pouco despois da entrada do exército alemán en Polonia que deu pé á [[Segunda Guerra Mundial|Segunda Guerra Mundial]] aconteceu nos arredores da cidade o masacre coñecido como [[Domingo sanguiñolento de Bydgoszcz]] no que morreron numerosos civís polacos e alemáns. A Alemaña nazi usou este incidente como propaganda contra os polacos despois da ocupación da cidade o [[9 de setembro]]. Segundo a ''Nowa encyklopedia powszechna PWN'' 37.000 cidadáns da cidade morreron durante a guerra, milleiros deles en [[campo de concentración|campos de concentración]]. En [[1945]] Bydgoszcz foi liberada e anexionada outra vez a Polonia.
 
[[Categoría:Cidades de Polonia]]