Bandeira de Malta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q131469
m →‎Descrición: Arranxos varios
Liña 11:
 
== Descrición ==
A bandeira está composta por dúas franxas verticais do mesmo tamaño, de cor branca (a máis preta ao mastro) e vermella. No cuadrante superior máis preto do ao mastro, na franxa branca, figura a [[Cruz de Xurxo]] perfilada en vermello. Esta é unha condecoración [[Reino Unido|británica]] (creada durante o reinado de [[Xurxo VI do Reino Unido|Xurxo VI]]), formada por unha cruz grega de prata coa figura de [[Xurxo de Capadocia|San Xurxo]] matando un [[dragón]] representada na súa parte central e rodeada por un listón no que figura o lema en inglés “''For Gallantry''” (“''ao heroísmo''”) que sinala o motivo polo cal se outorgaba. Na cruz figuran tamén as iniciais en inglés, “''G-VI''”, do monarca que a fundou e lle deu nome.
 
A Cruz de Xurxo, que só fora concedida de xeito individual a persoas e nunca colectivamente, foilles outorgada de xeito especial aos habitantes e defensores da illa fortaleza, polo seu heroico comportamento durante a [[Segunda Guerra Mundial]] e ten quedado incorporada tanto na bandeira como no escudo nacional de Malta. As dúas cores (branco e vermello) que figuran na bandeira teñen sido os das [[Escudo de Malta|armas de Malta]] dende a [[Idade Media]]. Nun relato tradicional non verificado sobre a orixe do escudo, afírmase que este foi entregado a Malta por [[Roxelio I de Sicilia]] no ano [[1091]].