Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
 
== Historia e características ==
A área da [[desembocadura]] do río Miami na [[Baía Viscaíno]] levaba mil anos habitada polos indios [[Tequesta]], cuxas principais [[Aldea|aldeasaldea]]s se asentaban na beira norte. No [[século XVI]] apareceron exploradores [[Imperio Español|españois]], os primeiros [[Europa|europeos]], que en [[1567]] levantaron unha misión [[Compañía de Xesús|xesuíta]] na mesma desembocadura pero que foi abandonada aos tres anos.
 
Ata comezos do [[século XIX]] non se ten constancia dunha ocupación permanente. Eran [[Bahamas|bahameños]] buscadores de tesouros nos [[Naufraxio|naufraxiosnaufraxio]]s da zona, sen título de propiedade. Pero venderon a [[Richard Fitzpatrick]] terras que o converteron no primeiro poboador branco do lugar.
 
En [[1836]] o exército dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] levanta alí, na súa propiedade (beira norte do río, na desembocadura) un cuartel que chaman ''Fort Dallas'', coma parte da defensa nas [[Guerras Semínolas]]. En [[1842]], trala fin da segunda guerra, o sobriño e herdeiro de Fitzpatrick, William English, utiliza os restos do cuartel coma base para o establecemento dunha pequena aldea que chama '''[[Miami]]'''. Xa en [[1844]] é sede do condado, e contando con 96 habitantes no [[censo]] de [[1850]]. A terceira Guerra Semínola ([[1855]]-[[1858|58]]) e a posterior [[Guerra de Secesión]] impedirán o seu crecemento.
 
Será en [[1871]] cando chegarán coma colonos dende [[Cleveland]], primeiro [[William Brickell]] (o ''Pai de Miami'') quen merca terras ao sur do río fronte aos restos de Fort Dallas, establecendo unha oficina de correos e un posto comercial; e en [[1891]] [[Julia Tuttle]] (a ''Nai de Miami''), quen herda as terras do norte do río, as do forte. Entrambos, tras unha terrible [[xeada]] ([[1895]]) que arrasa toda a [[colleita]] de [[Cítrico|cítricoscítrico]]s do norte de [[Florida]], van convencer a Henry M. Flagler, curiosamente a outro home de Cleveland, propietario do ''Florida East Coast Railroad'', para que achegue o [[ferrocarril]] ata as súas plantacións.
 
Así, da man do tren, comeza en [[1896]] un gran desenvolvemnto e a incorporación como City of Miami, votada por 502 homes (100 negros, man de obra do ferrocarril, que habitan a ''Colored Town'' ao noroeste).
O mesmo Flagler vai iniciar a que será a [[industria]] clave da cidade no futuro: constrúe un [[hotel]] na punta norte da desembocadura do río, o ''Royal Palm''. A era do [[turismo]] comeza. Asemade draga o porto natural. A muller de Brickell, Mary, tralo [[Morte|pasamento]] do seu home en [[1908]], vai ser unha das principais promotoras inmobiliarias nas terras da súa propiedade.
 
O boom prodúcese na década dos vinte, cando a poboación da cidade se triplíca ([[Miami Beach]] comezara a planificarse en [[1915]])<ref>http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/miami_fl_1919.jpg</ref>. Pero estalou a tremenda especulación inmobiliaria (planificación para 200.000 habitantes, cando en [[1920]] a cidade contaba con 30.000), o que unido a varios [[Furacán|furacánsfuracán]]s desastrosos provocou a paralización do desenvolvemento. Con todo, a infraestrutura do futuro estaba feita.
 
A [[Segunda Guerra Mundial]] significou o segundo boom (sen repouso significativo ata o de agora). Os soldados substituíron os turistas.
 
== Clima ==
O clima de Miami é un [[clima tropical]], con [[Verán|veránsverán]]s calorosos e húmidos, e con [[Inverno|invernosinverno]]s tépedos e secos, e normalmente con [[Temperatura|temperaturastemperatura]]s non máis baixas de 10&nbsp;°C. Miami está considerada unha das cidades con máis calor do país, chegando a ter 3.000 horas de sol ó ano.
 
== Barrios ==
A [[música]] en Miami é variada. As diversas culturas trouxeron a Miami varios tipos de bailes: os [[cuba]]nos, a [[conga]] e a [[rumba]]; os de [[Porto Rico]], o actual [[reggaeton]]; os [[República Dominicana|dominicanos]] a [[bachata]] e o [[merengue|merengue;]] e os que máis achegaron foron os [[Caribe (rexión)|caribeños]], que engadiron a esa lista o [[reggae]], o [[soca]], o [[kompa]], o [[zouk]], o [[Calipso (xénero musical)|calipso]] e o [[steelpan]].
 
A cidade de Miami tamén está considerada a mellor do mundo no [[freestyle]], un estilo de [[música dance]]. Desta cidade saíu moita xente que se fixo famosa con este tipo de música, como o caso de [[Stevie B]] ou [[Exposé]]. Grazas a que Miami tamén é unha gran potencia na [[Techno|música techno]], organízanse festas en grandes [[Discoteca|discotecasdiscoteca]]s como ''Mansion'' ou ''Opium Garden''.
 
== Medios de comunicación ==
Os destacados ''[[The Miami Herald]]'', en inglés, e ''[[El Nuevo Herald]]'', en castelán, son os máis comúns na parte de [[Periódico|periódicosperiódico]]s, seguido de periódicos para estudantes que son menos lidos. Miami é a cidade de produción de moitas [[Cadea de televisión|cadeas televisivas]] como é o caso de [[Telemundo]] ou [[Mega TV]]. Tamén a [[Radio (medio de comunicación)|radio]] ten unha gran importancia no país, pola alta porcentaxe de oíntes que hai.
 
== Deportes ==
381.287

edicións