Diferenzas entre revisións de «Kahoolawe»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
|}
 
'''Kahoolawe''' (oficialmente en [[lingua hawaiana|hawaiano]], Kahoʻ olawe) é a illa máis pequena das oito illas maiores de [[Hawai]]. Está situada a 11,2  km ao suroeste de [[Maui]] e ao sueste de [[Lanai - Lāna'i|Lanai]]. Administrativamente forma parte do condado de Maui. Non ten unha poboación permanente.
 
==Xeografía==
A illa, de 18  km de longo e 10  km de ancho, ten unha superficie total de 115  km². A altitude máxima é o cráter do Lua Makika, na cima do Puu Moaulanui, de 452 metros sobre o nivel do mar. A illa é relativamente seca debido á escasa elevación e á súa situación a sotavento da elevada [[Maui]].
 
En 1993, o estado de [[Hawai]] estableceu a reserva da illa Kaho´olawe. Tanto a illa como as augas litorais só poden utilizarse con finalidades culturais, espirituais e de subsistencia para os nativos hawaianos. Están prohibidos os usos comerciais e só se permiten as actividades de pesca, mantemento ambiental, preservación histórica e educación. Preténdese recuperar a illa controlando a erosión, restablecendo os acuíferos e substituíndo a vexetación foránea por autóctona.
 
==Historia==
Fai uns 1.000 anos, Kahoolawe estivo poboada por pequenas comunidades de pescadores. Terra dentro, algunhas zonas foron cultivadas. Construíronse plataformas de pedra para as cerimonias relixiosas, e aínda poden atoparse algúns petróglifos. Como hai pouca auga doce, a poboación debía ser escasa. O maior establecemento era en Hakioawa, ao norte da illa diante de Maui.
 
As guerras entre [[illa de Hawaii|Hawaii]] e Maui afectaron a Kahoolawe. Os primeiros europeos xa explicaban que a illa estaba deshabitada e sen recursos de auga ou madeira. Tras a chegada dos misioneiros, o rei [[Kamehameha III]] substituíu a pena de morte polo exilio e, entre [[1830]] e [[1853]], Kahoolawe foi unha colonia penal, cunhas condicións moi duras pola falta de alimentos e auga.
 
Os intentos de explotación gandeira terminaron provocando a desertización da illa. Na [[Segunda Guerra Mundial]], o exército norteamericano ocupou Kahoolawe e utilizou a illa como campo de adestramento, especialmente para desenvolver as tácticas de asalto dunha illa. Acabada a guerra seguiuse utilizando a illa como branco de adestramento das forzas aéreas. Por iso coñécella popularmente como ''The Target Island'' ou a "Illa Branco".
 
Entre [[1976]] e [[1990]] diversos activistas estiveron loitando para que se suspendesen os adestramentos con lume real, protexésense os restos históricos e restaurásese o [[ecosistema]] da illa. Finalmente, en [[1994]] transferiuse a illa ao estado de Hawai, baixo o control da Kaho´olawe Island Reserve Comission. Hoxe en día aínda se está limpando o terreo de pezas de artillería sen explotar.
393.002

edicións