Atol Enewetak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo data de descubrimento (tiñamos 1974)
m Arranxos varios
Liña 17:
| [[Poboación]] (2003) || 167 hab.
|-
| [[Superficie]] || 6  km²
|-
| Superficie lagoa || 1.004´89  km²
|-
| Nº de illas || 40
Liña 34:
 
[[Ficheiro:Enewetak or Eniwetok atoll.jpg|dereita|miniatura|300px|Vista aérea de Enewetak e Parry.]]
'''Enewetak''' (ou '''Eniwetok''') é un [[atol]] das [[Illas Marshall]] situado no [[Océano Pacífico]]. Componse de 40 illotes cunha área de 5,85  km² e unha lagoa interior de 80 [[quilómetro|km]] de circunferencia. En [[1999]] a poboación ascendía a 820 persoas.
 
Forma un distrito lexislativo da [[Cadea Ralik]] nas [[Illas Marshall]]. É o segundo atol máis occidental da cadea Ralik, e atópase a 305  km ao oeste de [[atol Bikini]]. O goberno de EE.UU. chamou ao atol "Eniwetok" ata 1974, cando cambiou a súa denominación oficial a "Enewetak" (xunto con moitos outros nomes locales das illas Marshall) para reflectir máis adecuadamente a súa pronunciación correcta.
== Historia ==
 
Os humanos habitaron o atol hai polo menos 2.000 anos. Enewetak non foi coñecido polos europeos ata que en [[1529]] a expedición do navegante español Álvaro de Saavedra Cerón desembarcou no atol, bautizándoo baixo o nome de "Los Jardines". Posteriormente, en 1794 foi visitada pola corveta mercante británica ''Walpole'', e foi denominada "Brown Range" (de aí o nome xaponés "Atol Brown") e, nos anos seguintes, por unha ducia de buques antes da creación da [[Alemaña|colonia alemá]] das [[Illas Marshall]] en 1885. Xunto co resto das Illas Marshall, Enewetak foi capturado pola [[Armada Imperial Xaponesa]] en 1914 durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. Os xaponeses administraron a illa, pero a maioría dos asuntos locais deixáronos en mans dos líderes locais tradicionais ata o inicio da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Tras o final da Guerra, Enewetak quedou baixo o control dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], como parte do [[Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico]] ata a independencia das Illas Marshall en 1986.
Liña 46:
== Proba nuclear ==
Os residentes locais foron evacuados, forzosamente, e o atol foi utilizado para probas [[nucleares]]. Os corpos dos soldados estadounidenses mortos na Batalla de Enewetak e enterrados alí foron exhumados antes de que comezasen as probas e regresaron aos Estados Unidos para volver a ser enterrados polas súas familias. Ao redor do 43 probas nucleares foron realizadas en Enewetak desde 1948 ata 1958. A primeira proba da [[bomba de hidróxeno]], cuxo nome en código era [[Ivy Mike]], celebrouse a finais de 1952, e vaporizou o illote de [[Elugelab]]. Esta proba incluíu o uso de avións [[B-17 Flying Fortress]] para voar a través da [[choiva radioactiva|nube radioactiva]] co fin de analizar mostras a bordo.
 
Aos residentes locais permitíuselles regresar na década de 1970 e o 15 de maio de 1977, o goberno dos Estados Unidos ordenou aos militares a descontaminación das illas. Isto fíxose mediante a mestura da terra contaminada e dos residuos das distintas illas, con [[cemento Portland]] que se enterrou nun dos cráteres da explosión. O cráter atopábase no extremo norte de [[Runit]] {{Coordenadas|11|33|N|162|20|E}}, que é unha illa no lado leste do atol. Isto converteu o cráter nun montículo esférico de 25 m de alto que se cubriu cunha grosa capa de cemento de 46  cm, chamado "Cactus Dome". O goberno dos Estados Unidos declarou as illas seguras para vivir en 1980.
 
En [[2000]], os habitantes de Enewetak foron indemnizados con 340 millóns de dólares en danos por perda de uso da terra, o desprazamento forzado e os problemas de saúde entre a poboación. Esta indemnización non inclúe a suma anual de 6 millóns de dólares que paga o goberno dos EE.UU. para a educación e a saúde nas Illas Marshall.
Liña 64:
image:Enewetak atomic detonations.ogg|Video clips de tres probas de explosións nucleares en Eniwetok, Illas Marshall
</gallery>
 
 
== Ligazóns externas ==
Liña 70 ⟶ 69:
* [http://marshall.csu.edu.au/Marshalls/html/atolls/enewetak.html Sitio das illas Marshall]
* [http://www.oceandots.com/pacific/marshall/enewetak.php Entry at Oceandots.com]
 
{{ORDENAR:Enewetak}}
 
[[Categoría:Atois]]
[[Categoría:Illas das Marshall]]