Curaçao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 20:
[[Primeiro Ministro de Aruba|Primeiro Ministro]]
| dirixentes_nomes = [[Títulos reais|S.M.]] [[Guillerme Alexandre dos Países Baixos|Guillerme Alexandre]]
 
 
[[Lucille George-Wout]]
Liña 49 ⟶ 48:
| membro_de =
}}
'''Curaçao''' ('''Curaçao''' en neerlandés, '''Kòrsou''' en papiamento) é unha [[illa]] no sur do [[Mar Caribe]], a uns 50 &nbsp;km da costa occidental de [[Venezuela]], que forma parte do [[Caribe Neerlandés]]. O '''País de Curaçao'''<ref>Formal name according to [http://www.curacao-gov.an/images/strukturafiles/Staatsregeling_18-6-10.pdf Art. 1 para 1 Constitution of Curaçao] (Dutch version)</ref> {{lang-pap|Pais Kòrsou}}),<ref>Formal name according to [http://www.curacao-gov.an/images/strukturafiles/konstitushon/Konstitushon_Papiamentu.pdf Art. 1 para 1 Constitution of Curaçao] (Papiamentu version)</ref> que inclúe a illa principal e a pequena illa deshabitada de [[Klein Curaçao]] ("Pequeno Curaçao"), é un [[Nación constituínte|país]] do [[Reino dos Países Baixos]]. Ten unha [[poboación]] de máis de 150.000 habitantes nun área de 444 [[km²]] a súa capital é [[Willemstad]].
 
Antes do 10 de outubro de 2010, cando se [[Disolución das Antillas Neerlandesas|disolveron]] as [[Antillas Neerlandesas]], Curaçao administrouse como o territorio insular de Curaçao<ref>English name used by the Government of Curaçao and the Government of the Netherlands Antilles (English was an official language of the Netherlands Antilles and the Island Territory of Curaçao)</ref> (holandés: ''Eilandgebied Curaçao'', papiamento: ''teritorio Insular dei Kòrsou''), un dos cinco [[lista de illas das Antillas Holandesas|territorios insulares]] das antigas Antillas Holandesas.
Liña 59 ⟶ 58:
== Xeografía ==
 
Está situada no sur do [[mar Caribe]], a uns 50 &nbsp;km da costa occidental de [[Venezuela]], e pertence ao grupo das illas de [[Sotavento]], xunto coas súas illas veciñas de [[Aruba]] e [[Bonaire]]. O seu clima é do tipo semi-árido tropical. A maxima elevación é o Christoffelberg (Monte Cristóbal) con 374 m. de altura e situado no noroeste da illa.
 
A cidade de [[Willemstad]] é o porto principal e capital da illa. A súa area histórica, centro da cidade e porto, declarouna a [[UNESCO]] [[Patrimonio Mundial da Humanidade]] no ano 1997. Alí atópase, entre outros, a sinagoga (Mikvé Israel-Emanuel) que é a máis antiga do continente americano en continuo funcionamento (1651).
 
Como país membro dos [[Países Baixos]] forma parte da [[Unión Europea]]. Nela aséntanse as principais instalacións navais da Mariña Real dos [[Países Baixos]] no Mar Caribe, e dá soporte loxístico aos membros da [[OTAN]] na rexión. Adicionalmente, no seu territorio está en funcionamento desde o ano 1999 unha [[Base de Operacións de Avanzada]] do Comando Sur dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], destinada principalmente á loita contra o [[narcotráfico]].
 
É famosa polo chamado [[Licor de Curaçao]] que se fabrica coa cortiza das [[laranxa (froita)|laranxas]] da illa, e por celebrar un dos [[Entroido]]s máis coñecidos no Caribe.
 
== Historia ==
Os rexistros históricos e arqueolóxicos, sinalan a tribos de [[caiquetios]], pertencentes á familia [[arawak]], como primeiros poboadores da illa. A chegada dos primeiros exploradores europeos prodúcese no ano 1499, cando unha expedición española comandada por [[Alonso de Ojeda]], descobre a illa durante a súa primeira viaxe de exploración da costa norte de Sudamérica. Xunto a el atópanse [[Juan de la Cosa]] e [[Américo Vespucio]] quen a chama Illa dos Xigantes, debido aparentemente, a elevada estatura dos seus habitantes indíxenas.
 
O dominio español mantívose durante todo o século XVI, período durante o cal, os seus habitantes orixinais foron trasladados cara á colonia da illa [[a Española]]. Serviu de ponte para a exploración e [[Conquista de América|conquista española]] de territorios no norte de [[Sudamérica]]. A illa foi abandonada paulatinamente, a medida que avanzaba a [[Colonización europea de América|colonización]] do continente.
 
Os primeiros rexistros de asentamentos neerlandeses na illa, datan do ano 1621 pola necesidade de fornecemento de recursos vitais como [[madeira]] e [[Cloruro de sodio|sal]]. Foi durante o ano 1634, que unha expedición da [[Compañía holandesa das Indias Occidentais]], ao mando de [[Johan van Walbeeck]], reclamou a illa para os [[Países Baixos]].
 
A mediados do século XVII establécense na illa colonos neerlandeses, e xudeus sefardíes orixinarios da Península Ibérica, provenientes principalmente do [[Brasil]]. Con eles mellóranse as técnicas para o cultivo de cítricos e a explotación de salinas. En 1642, [[Peter Stuyvesant]] é designado gobernador. Con el, a illa transfórmase nun importante centro de comercio, e establécese, o que chegaría a ser, un dos principais mercados de escravos, para as colonias europeas en [[América]]; especialmente para o Brasil. Feito este, que dá un forte impulso ao desenvolvemento económico da colonia.
 
A illa foi ocupada polos ingleses en dúas ocasións, que van de 1800 a 1803, e de 1807 a 1816, ambas as dúas motivadas polas [[Guerras Napoleónicas]] en Europa. De xeito case simultáneo, prodúcense os movementos independistas das colonias hispanas do continente, coas que contribúe dando refuxio a próceres da talla de [[Simón Bolívar]], e coa participación, de polo menos, dúas dos seus personaxes claves, como son [[Manuel Piar]], Libertador da provincia de [[Provincia de Guaiana|Guaiana]], e [[Luis Brión]], quen chegaría a ser Almirante da República de [[Gran Colombia|Colombia]].
 
Para o ano de 1863 a [[escravitude]] é abolida nas colonias neerlandesas, incluíndo nelas á illa de Curaçao, o cal conduce a unha severa crise económica. Debido a isto, un importante número dos seus habitantes emigran en busca de traballo, principalmente á illa de [[Cuba]], onde traballan nas plantacións de [[cana de azucre]].
 
O descubrimento de xacementos petrolíferos en Venezuela, a principios do século XX, especificamente, na conca do [[lago de Maracaibo]], leva ao establecemento dunha das [[refinería de petróleo|refinería]] máis importantes do mundo para o seu tempo. Isto dá un novo impulso á súa economía, e á chegada dunha nova onda de inmigrantes.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], establécense militares dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], xa que a illa é unha das principais fontes de combustible, para as operacións dos [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Aliados]] en Europa. En consecuencia, o seu porto é asediado por submarinos da [[Alemaña Nazi]] en diversas ocasións.
 
O 30 de maio de 1963, prodúcense levantamentos populares na illa, motivados por contracción mundial da industria petroleira, e o descontento, produto da exclusión dentro da súa principal industria.
 
Para finais de século XX e principios do XXI convócase aos seus electores a varios referendos para decidir o futuro status político-administrativo da illa. No ultimo dos cales decídese a súa separación das Antillas Neerlandesas, e a procura dun status de autonomía para a illa, dentro do Reino dos Países Baixos.
 
Curaçao separarase das Antillas Neerlandesas para finais do ano 2008, desaparecendo pois as Antillas Neerlandesas, xa que Saba, San Eustaquio e Bonaire serán Illas do Reino dos Países Baixos e Sint Maarten terá o mesmo status ca Curaçao e Aruba.
 
[[Ficheiro:Willemstadcuracaau.JPG|400px|miniatura|Willemstad Patrimonio Mundial da Humanidade]]
Liña 94 ⟶ 93:
== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Curaçao}}
O porto de Willemstad, situado ao redor dunha baía natural na parte suroriental da illa, é parte fundamental da súa economía. Polo mesmo, transita unha das principais rutas marítimas do [[Canle de Panamá]]. No mesmo hai unha refinería, [[estaleiro]]s para buques do tipo [[Panamax]], nos que se inclúe o maior dique seco da rexión; ademais dun importante centro para o transbordo de colectores, e o seu [[Zona Franca]].
 
A principal industria é o refinado de [[petróleo]], que se importa en forma de cru desde Venezuela. Nela atópase a refinería, administrada pola petroleira estatal venezolana [[PDVSA]] e cunha capacidade instalada de 320.000 [[bbl/d]], o que a converte na 3ra. maior refinería do Caribe.
 
Sectores de servizos, como o turismo e a banca, son outros alicerces da súa economía, xa que dan emprego á maior porcentaxe da poboación. O [[turismo]] recuperouse lentamente logo dunha crise na década de 1980; actualmente, está colocada na posición número 18, da lista de destinos do Caribe, da Organización Mundial de Turismo [[OMT]], con 223.000 visitantes, para o ano 2004.
 
A banca [[Offshore]], continúa sendo un importante sector dentro da súa economía, a pesar de experimentar unha importante contracción, debida en parte, a cambios dados na política fiscal da illa, e as Antillas Neerlandesas.
 
== Demografía ==
Fontes oficiais calculan unha poboación de 135.822 habitantes para o ano 2005. Aínda que algunhas fontes extraoficiais estiman que a poboación da illa de Curaçao debe roldar os 173.400 habitantes para o ano [[2006]].
 
=== Etnias ===
A poboación da illa de Curaçao ten orixes moi diversas. A maior parte é descendente de pobos orixinarios principalmente do Occidente de [[África]] e de pobos [[afrocaribeños]], provenientes de illas veciñas do Mar Caribe. Séguenlle en importancia descendentes ou cidadáns orixinarios dos [[Países Baixos]]. Logo de éstan, as principais colonias estranxeiras establecidas na illa proveñen da [[República Dominicana]], [[Colombia]], [[Venezuela]], [[Portugal]], [[Haití]], [[Xamaica]], [[Suriname]], [[India]] e [[China]], entre outros.
 
=== Linguas ===