Henri de Lubac: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: filosofía
m Arranxos varios
Liña 3:
== Traxectoria ==
 
Entrou na [[Compañía de Xesús]]. Foi ferido na [[primeira guerra mundial]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], participou activamente na [[Resistencia Francesa]] contra a ocupación alemá e o [[nacionalsocialismo]], levando unha vida militante na clandestinidade.
 
Como profesor, empezou impactando co seu completo e elaborado ensaio ''Catolicismo, aspectos sociais do dogma'', onde condena unha visión individualista da relixiosidade cristiá. Creou con [[Jean Daniélou]] as ''Sources Chrétiennes'', colección de textos fundamentais da historia e literatura cristiá. En 1950, inicia os seus estudos verbo dos [[Pais da Igrexa]] reivindicando figuras discutidas pero básicas para entender o desenvolvemento do pensamento cristiá como [[Oríxenes]].
 
A súa énfase na natureza humana e a súa continuidade e plenitude na vida da [[graza]] divina, así como a súa visión dinámica e non conservadora da [[tradición]], provocou a súa persecución e a prohibición de escribir e ensinar. Con todo, [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]] contará con el para a realización de traballos clave no [[Concilio Vaticano II]]. Dende ese momento convértese nunha figura indiscutida no pensamento católico.
 
De Lubac non refugou ningún debate, defendeu as ideas avanzadas de [[Teilhard de Chardin]], no seu intento de compatibilizar [[ciencia]] e [[fe (relixión)|fe]], teoloxía e [[Teoría da evolución|evolucionismo]]. Abordou tamén o fenómeno do [[ateísmo]], que xulga máis ben un [[antiteísmo]] comprensible como rexeitamento a un cristianismo inauténtico, gris, moralista e insolidario.
 
Pero o seu espírito libre fíxolle non casar con ninguén. Refugou o nomeamento como cardeal por [[Paulo VI]] en contestación aos abusos da curia e a súa esixencia, para el improcedente, de que os cardeais sexan antes ordenados bispos. Debateu con profundidade e altura fronte ao que considerou un desorde postconciliar acrítico e superficial, demasiado proclive a adaptarse a todo o novo e o efémero. Na súa análise do ateísmo contemporáneo, conclúe que un [[Humanismo (filosofía)|humanismo]] sen transcendencia é un humanismo inhumano.
Liña 38:
=== A Igrexa como realidade paradoxal ===
 
De Lubac ten reflexionado como poucos sobre as realidades contraditorias da Igrexa. Santidade e pecado, universalidade e fragmentación en grupúsculos pechados, escatoloxía e terrenalidade forman parte dunha oposición de contrarios nos que o autor albisca unha unidade esencial.
 
Cando de Lubac se refire á Igrexa como realidade humana e divina focaliza a súa reflexión na Igrexa vivente, a que ''traballa e reza, a que obra e se recolle, a que recorda e busca, a que espera e a que ama; a que, nas mil situacións da existencia, vai tecendo vencellos visibles e invisibles'', a Igrexa dos humildes, que integra toda cultura ao tempo que é fogar dos pequenos, da moitedume simple e miserable. É neste pobo de Deus onde actúa o [[Espírito Santo|Espírito]], renovando a memoria viva de Cristo, sen a cal Xesús se esvaería nas tebras mestas dunha fragmentaria e imprecisa lembranza histórica.
 
A Igrexa é un medio sublime e necesario, ''pero ao fin e ao cabo provisional, como todo medio''. Non é para si mesma o seu propio fin. Isto ''esixe dos seus membros, e máis en particular da xerarquía, unha actitude humilde e de servizo, á imaxe da actitude adoptada polo [[Verbo]] na súa [[encarnación]] que non veu a ser servido, senón a servir''. (''Paradoxo e Misterio da Igrexa'', 1967)
Liña 56:
* ''O drama do humanismo ateo''
 
{{ORDENAR:Lubac, Henri de}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Lubac, Henri de}}
[[Categoría:Teólogos católicos]]
[[Categoría:Xesuítas]]