Diferenzas entre revisións de «Bergen-Belsen»

m
→‎Historia: Arranxos varios
m (Bot: Substitución automática de texto (-Hannóver +Hannover))
m (→‎Historia: Arranxos varios)
== Historia ==
 
Posto en funcionamento no ano [[1940]], ao comezo Bergen-Belsen foi un campo de prisioneiros [[Bélxica|belgas]] e [[Francia|franceses]] baixo o mando da [[Wehrmacht]]. [[Ficheiro:Bergen-belsen.jpg|miniatura|esquerda|Entrada de Bergan-Belsen na actulidade]]En [[1941]] levaron alí 20000 prisioneiros [[Rusia|rusos]]. En 1943 por decisión de [[Himmler]] foi requisado polas [[SS]] e transformado nun campo de exterminio ao levar alí 10000 xudeus coa intención de seren cambiados por prisioneiros de guerra alemáns.
 
Dende [[1944]] ata a súa liberación en [[1945]], as condicións de vida no campo empeoraron terriblemente, a decisión de levar alí prisioneiros enfermos doutros campos marcou o destino dos prisioneiros de Bergen-Belsen, durante ese período de tempo sucedéronse varias epidemias que acabaron coa vida de milleiros de prisioneiros.O nomeamento de Josef Kramer (procedente de [[Auschwitz]]) como comandante do campo o [[2 de setembro]] de 1944 empeorou aínda máis as cousas. Kramer introduciu novas medidas para aumenta-lo sufrimento dos prisioneiros: eliminou os vestixios de autoadministración xudía, privou os prisioneiros de comida durante varios días e retirou aos prisioneiros de intercambio dos seus últimos privilexios. A ración de comida foi reducida a unha cunca de sopa e a unha rabada de pan. A terrible fame deu lugar a varios casos de [[canibalismo]].
393.002

edicións