Amchitka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Arranxos varios
Liña 7:
! colspan="2" | Vista da illa
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:AmchitkaTestSites.svg|330px|Localizacións das probas nucleares ]]
|- style="background-color: #eee;"
! colspan="2" | Datos
Liña 23:
| [[Poboación]] (2010) || Deshabitada
|-
| [[Superficie]] || 195  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:AmchitkaAlaskaLoc.png|330px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
 
'''Amchitka''' é unha [[illa]] [[volcán]]ica nunha zona de inestabilidade [[tectónica de placas|tectónica]]. Forma parte do grupo das [[illas Rat]] no sistema formado polas [[illas Aleutianas]] no suroeste de [[Alasca]]. Ten unha lonxitude de 68 [[quilómetro]]s e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un [[clima oceánico]], con moitas [[tormenta]]s e con ceos xeralmente nubrados.
 
A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos pobos [[Pobo Aleut|aleut]] ou [[esquimó]]s, pero non houbo unha [[poboación]] permanente desde [[1832]]. Incluiuse na [[Compra de Alasca]] de [[1867]], e desde entón formou parte dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] usouse como [[aeródromo]] para as [[Forzas Armadas dos Estados Unidos|forzas estadounidenses]] na [[batalla das Illas Aleutianas]].
 
Amchitka foi elixida pola [[Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos]] para levar a cabo [[proba nuclear|detonacións]] de [[bomba atómica|armas nucleares]] baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: ''Long Shot'', que produciu unha explosión de 80 [[quilotón]]s en [[1965]], ''Milrow'', que produciu unha explosión de 1 [[megatón]] en [[1969]] e ''Cannikin'' en [[1971]]. Esta última explosión, de "menos de 5 megatóns", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os [[ecoloxía|grupos ecoloxistas]] tiñan medo de que a explosión ''Cannikin'' en particular puidese desencadear graves [[terremoto]]s e [[tsunami]]s.
 
Desde entón, Amchitka non se usou máis para probas nucleares, aínda que está baixo [[vixilancia]] pola presenza de [[contaminación radioactiva]].
 
== Xeografía ==
 
Amchitka é a illa que se atopa máis ao [[sur]] do grupo das illas Rat na cadea Aleutiana, entre {{Coordenadas|51|21|N|178|37|E}} e {{Coordenadas|51|39|N|179|29|E}}. Está rodeada polo [[mar de Bering]] polo [[norte]] e o [[este]], e polo [[océano Pacífico]] polo sur e o oeste.
 
A parte este de a illa trátase dunha [[meseta]] de baixa altura, con [[estanque]]s illados e [[Outeiro (orografía)|outeiros]] de pendentes moderadas. Hai unha baixa pero abundante [[vexetación]], con [[brión]]s, [[liquen|líquenes]], [[fieito]]s, [[herba]]s e [[empetrum|arbustos do xénero Empetrum]]. O centro da illa é [[montaña|montañoso]], e o extremo oeste é unha terra estéril e a vexetación é escasa.
 
Amchitka ten un [[clima oceánico]], e normalmente hai néboa e vento, con nubes cubrindo o ceo o 98% do tempo. Mentres que as [[temperatura]]s son moderadas grazas ao [[océano]], as tormentas son frecuentes. Desde o punto de vista [[xeoloxía|xeolóxico]], a illa é [[volcán]]ica, formando parte dun anaco do arco volcánico aleutiano que está escindíndose por [[subducción]] oblicua. É unha das contornas tectónicas máis inestables dos Estados Unidos.