Volkswagen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
A VW
Liña 47:
A finais dos anos 60, a Volkswagen afrontou problemas debido ao fracaso dos "tipo 3" e "tipo 4", e tamén do K70, baseado no modelo da montadora NSU. A empresa sabía que a produción do "Käfer" iría terminar nalgún momento, pero o enigma sobre como substituílo transformárase nun pesadelo. A chave para o problema foi a compra, en [[1964]], da Audi/Auto-Union, a cal posuía os coñecementos sobre tracción dianteira e motores arrefriados con auga que a Volks precisaba para producir un sucesor do "tipo 1". A influencia de Audi abriu camiño para unha nova xeración de Volkswagens: Polo, Golf e Passat.
 
A produción do ''Käfer'' en [[Wolfsburg]] rematou no [[1974]], sendo substituído polo [[VW Golf|Golf]]. Este era un vehículo totalmente diferente, tanto na mecánica coma no deseño, do seu antecesor. As súas liñas rectas foran deseñadas polo proxectista [[Italia|italianoitalia]]no Giorgetto Giugiaro. O "Käfer" continuou a ser fabricado en [[México]] e no [[Brasil]] ata [[1986]] (despois novamente entre [[1993]] e [[1996]]), e en fábricas alemás máis pequenas ata [[1978]]. Ata a fin de súa produción en México en [[2003]], o ''Escaravello'' (''Käfer'') chegou a ter 21.529.464 unidades producidas en todo o mundo.
 
== Modelos actuais ==