Diferenzas entre revisións de «Historia do Brasil»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
Entre as hipóteses máis aceptadas para a colonización das Américas está a que establece que a migración principal foi a de elementos mongoloides de Asia en vagas sucesivas, a través do [[estreito de Bering]]. Admítese tamén unha inmigración menor, equivalente a 1 - 2% que viría de Melanesia ou Sueste Asiático a través do [[Océano Pacífico]].
 
Supoñendo a marcha de 1  km/ano, para saír de [[Alasca]] e chegar a Santarén (PA), no Brasil, terían que percorrer unha distancia aproximada de 20.000  km, levando polo menos 20.000 anos no traxecto.
 
Sitios arqueolóxicos brasileiros moi antigos foron atopados dende San Raimundo Nonato no Piauí (de hai aproximadamente 42.000 anos) até a rexión dos pampas (con máis de 10.000 anos). Nesa última rexión xa foron mesmo achados fragmentos de ósos dun [[Megaterio]], con aparentes marcas da acción humana.
Unha pequena rectificación: [[Pedro Álvares Cabral]] non procuraba un camiño seguro para a [[India]], porque este xa era coñecido, tendo sido percorrido pouco antes pola armada de [Vasco da Gama]. A frota de Cabral desviouse para Oeste para fuxir da corrente ascendente do [[Golfo da Guinea]]. Aliás, seria exactamente ese gran desvío que os navios estaban obrigados a facer que tería dado aos navegadores os indicios da existencia de terra naquela dirección. É hoxe case certo que a frota de Cabral tiña como incumbencia primordial localizar esa terra e reclamala para a coroa portuguesa ao abrigo do [[tratado de Tordesillas]]. Dase como unha das probas diso mesmo o feito dun dos navíos ter regresado de inmediato para dar a novidade ao Rei, en tanto que os restantes seguían para a [[India]]; ben como o feito de seguir un home na frota, [[Pero Vaz de Caminha]] coa misión de elaborar unha descrición detallada da terra descuberta, a ''[[Carta do Achamento do Brasil]]''.
 
De calquera xeito, o 22 de abril Pedro Álvares Cabral nomeou como Illa de Vera Cruz a terra que tiña descuberto, pois pensou tratarse dunha [[illa]]. O local en que Cabral aportou é coñecido como [[Porto Seguro]], en [[Bahia]].
 
No ano de [[1501]], unha nova expedición atopou como recurso explorable apenas o pau-brasil, madeira vermella moi requirida na época, o que tamén deu o nome ao Brasil. No [[1503]] houbo nova expedición, desta vez comandada por Gonzalo Coelho, mais non houbo ningún asentamento portugués.
O primeiro presidente civil elixido deste o golpe militar de 1964 foi Tancredo Neves. Morreu antes de asumir, deixando o vicepresidente, [[José Sarney]], no goberno por 5 anos.
 
[[Fernando Collor de Mello]] foi elixido en [[1989]], na primeira elección directa para Presidente da República dende [[1964]]. O seu goberno perdurou ata [[1992]], cando sufriu proceso de "<i>''impeachment</i>''". O vice-presidente, [[Itamar Franco]], asume o seu posto.
 
No goberno de Itamar Franco é posto en marcha o Plan Real, articulado polo seu Ministro da Facenda, Fernando Henrique Cardoso. O Goberno Itamar Franco contou coa presenza de varios senadores como ministros. Historiadores chegan a clasificar este fenómeno como unha especie de "parlamentarismo branco". Un dos senadores, Fernando Henrique Cardoso, articulou a base partidaria de apoio para a súa elección. En principio tivo o apoio do entón presidente Itamar, un rompemento entre os dous ocorreu durante o primeiro mandato do Presidente Cardoso.
393.002

edicións