Radiación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
En [[física]], a '''radiación''' é un modo de [[propagación da enerxía]] a través do [[espazo]], de forma análoga á [[luz]].
 
A radiación, propiamente dita, refírese á transportada por ondas electromagnéticas, chamada, en consecuencia, [[radiación electromagnética]]. Así a todo, emprégase esta expresión tamén para referirse ó movemento de partículas a gran velocidade no medio, con aprezable transporte de enerxía, que recibe o nome de [[radiación corpuscular]].
 
Se o transporte de enerxía é suficientemente elevado como para provocar ionización no medio circundante, fálase de [[radiación ionizante]]. Inda que non é totalmente correcto, é habitual empregar a palabra radiación, por extrapolación, para referirse ás radiacións ionizantes.