Cleveland, Ohio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 41:
 
== Coordenadas ==
A cidade está situada no nordeste de Ohio, na ribeira sur do [[lago Erie]], aproximadamente a 60 [[milla]]s (97  km) ao oeste da fronteira co estado de [[Pensilvania]]. Fundouse en [[1796]] preto da desembocadura do [[río Cuyahoga]], e convertiuse nun centro manufactureiro grazas á súa localización na ribeira, así como a estar conectado con numerosas canais e liñas de [[ferrocarril]].
 
== Historia ==
Liña 58:
 
=== Exlosión económica ===
O período da [[Guerra Civil Estadounidense|Guerra Civil]] (1861-65) e a posguerra foron os dun auténtico boom económico para a cidade que pasou a se converter nun centro manufactureiro de primeiro orde, xigante industrial da nación sobre todo na industria pesada (o aceiro, ao seres intermediaria do mineral que viña de [[Minnesota]] cara as grandes cidades da costa leste; os [[Rockefeller]] comezaron aquí a súa fortuna cunha [[refinería de petróleo|refinería]] a partir de 1870). A poboación máis que duplicouse en apenas unha década e Cleveland acadou todos os servizos e adiantos dunha urbe moderna (primeiro alumeado público eléctrico do mundo na Public Square) [https://archive.is/20121212132621/lcweb2.loc.gov/cgi-bin/map_item.pl?data=/home/www/data/gmd/gmd408/g4084/g4084c/pm006872.sid&itemLink=D?gmd:15:./temp/~ammem_54rz::&title=Birds+eye+view+of+Cleveland,+Ohio+1877.+&style=pmmap&legend=].
 
O [[século XX]] comezou coa proposta dun "salón urbano" a maneira do ''Mall'' de Washington e co mesmo nome. Proxectado por [[D. Burnham]] entre outros, unía a esquina nordeste da Public Square coa beira do lago Erie [http://groupplan.dhellison.com/media/images/ss/GroupPlanCommission/The-Group-Plan-1903_L.jpg]. Inda que non levada completamente a cabo, representou a primeira e máis lograda realización de centro cívico fora do da capital do país.
Liña 70:
 
== Xeografía ==
De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 82,47 millas cadradas (213,60 km2), das cales, 77,70 millas cadradas (201,24 km2) son terra e 4,77 millas cadradas (12,35 km2) son auga. A ribeira do lago Erie sitúase a 569 pés (173 m) por riba do [[nivel do mar]]; porén a cidade repousa sobre [[acantilado]]s irregulares que se estenden de maneira abrupta en paralelo có lago. En Cleveland estes acantilados son cortados principalmente polo río Cuyahoga, Big Creek, e Euclid Creek. A terra ascende rapidamente dende a ribeira do lago. A “Public Square”, a menos dunha milla (2  km) terra adentro, atópase a unha altura de 650 pés (198 m), e o [[aeroporto]] Hopkins, a só 5 millas (8  km) terra adentro dende o lago, atópase a unha altitude de 791 pés (241 m).
 
== Clima ==