Luxemburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 69:
 
== Subdivisións ==
Luxemburgo está subdividido en tres [[distrito]]s, que están dividos en cantóns:
 
* [[Diekirch (distrito)|Diekirch]]
Liña 86:
** [[Luxemburgo (cantón)|Luxemburgo]]
** [[Mersch]]
 
 
{|align="right"
Liña 102 ⟶ 101:
[[Ficheiro:050917-luxemburg-pontadolphe.jpg|miniatura|Ponte de Adolfo]]
Luxemburgo é o sétimo país máis pequeno de Europa, atopándose no posto 167 a nivel mundial.
O Gran Ducado ten un territorio de carácter montañoso e con extensas masas boscosas. O [[relevo terrestre|relevo]] presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamado [[Oesling]], esténdense as estribacións meridionais do macizo montañoso das [[Ardenas]], cunha altura máxima de 500 metros, e pola que discorren os afluentes do [[Mosela]]. Ao sur, o [[Gutland]], constitúe unha extensa chaira prolongación da conca parisiense. Deste a oeste o país atravesouse polo [[Sauer]] (Sûre en francés), afluente do Mosela, que pola súa beira dereita recibe ao [[Alzette]] e pola esquerda ao [[Our]] e ao [[Clerf]], entre outros.
 
A paisaxe luxemburgués complétase co curso do Mosela, que discorre polo sector oriental, trazando a fronteira con Alemaña.
 
O [[clima]] é continental, húmido, máis rigoroso nas rexións altas do norte, e máis moderado no sur. As precipitacións anuais son copiosas, os veráns frescos, mentres que os invernos son suaves.
 
A capital, [[Luxemburgo (cidade)|Luxemburgo]] é a poboación máis grande do país. Outras cidades importantes son [[Esch-sur-Alzette]], cara ao suroeste da capital e [[Echternach]], ao leste, contra a fronteira con Alemaña.
Liña 114 ⟶ 113:
 
== Cultura ==
A situación lingüística de Luxemburgo é caracterizada pola práctica e o recoñecemento de tres idiomas oficiais: [[lingua francesa|francés]], [[lingua alemá|alemán]] e [[lingua luxemburguesa|luxemburgués]]. O plurilingüismo de Luxemburgo resulta da coexistencia de dous grupos étnicos, un románico e outro xermánico.
 
Nos primeiros tempos do país, o francés tiña un gran prestixio, e aínda posúe un uso preferente como idioma administrativo e oficial. O alemán foi utilizado no campo político, para formular as leis e ordenanzas co fin de facelas comprensibles a todos. Na escola primaria, a educación estaba limitada ao alemán, mentres que o francés era ensinado na educación secundaria.
 
A lei do [[26 de xullo]] de [[1843]] reforzou o bilingüismo introducindo o ensino do francés nas escolas primarias.
 
O luxemburgués, un dialecto do alemán{{cómpre referencia}} moi influído polo francés, nativo da rexión de [[Mosela]], foi introducido na escola primaria en [[1912]].
 
{| {{Táboabonita}}
Liña 147 ⟶ 146:
|-
| [[26 de decembro]] || [[Estevo Mártir|Santo Estevo]] || Stiefesdag
|}
 
Ata [[1984]], o uso oficial das linguas estaba baseado nos decretos de [[1830]], [[1832]] e [[1834]], os cales permitían elixir libremente entre o francés e o alemán. O francés foi o preferido para a administración. O luxemburgués aínda non tiña status oficial.
 
A revisión constitucional de [[1984]] deulles aos lexisladores a posibilidade de regular os idiomas mediante lei. O [[24 de febreiro]] de [[1984]] unha lei fixo que o luxemburgués fose o idioma oficial: "O luxemburgués é a lingua nacional dos luxemburgueses" di o seu artigo 1. Ademais, esta lei recoñeceu os tres idiomas utilizados (o francés, o alemán e o luxemburgués) como linguas oficiais. O francés aínda permanece como o idioma da lexislación (segundo recolle o artigo 2 da citada norma), debido á aplicación do código civil napoleónico. O artigo terceiro establece como linguas administrativas e xudiciais ao francés, alemán e luxemburgués.
 
O luxemburgués é ensinado nas escolas, despois do francés e o alemán. É ensinado só unha hora e durante os primeiros anos da escola secundaria. Nas escolas secundarias tamén se ensina [[lingua inglesa|inglés]] e moitas veces un dos seguintes idiomas: [[lingua latina|latín,]] [[lingua española|español]] ou [[lingua italiana|italiano]]. A nivel universitario, o multilingüismo fai posible que os estudantes poidan continuar a súa educación superior en países nos que se fale alemán, francés ou inglés.