Sabino Arana Goiri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 23:
 
== Ideoloxía ==
A súa [[ideoloxía]] era basicamente reaccionaria, considerando a [[raza vasca]] superior en todo á española. Á parte do referente da lingua, común na maior parte dos [[nacionalismo]]s europeos dende os [[romanticismo|románticos]] alemáns, Sabino dotou ó seu movemento dun aspecto revisionista (non consideraba os [[Foro (contrato)|foros]] como unha carta outorgada de autonomía, senón como un código de soberanía) e dun sentir católico, que quedaron reflectidos no seu lema ''"Deus e leis vellas"'' (''Jaungoikoa Eta Lagi-zarrak''). Cría que a decadencia do país se debía á carencia deste código de soberanía. Estábanse a perder a cultura, os costumes, a lingua... en definitiva: a identidade do País Vasco en que vivía e todo polo seu sometemento a leis foráneas.
 
Fixo obxecto dos seus ataques ós [[Inmigración|inmigrantes]], ''[[Maqueto|maketos]]'', que non se integraban nos costumes dos habitantes do País Vasco e facían sentir vergoña ós éuscaro-falantes por non saber castelán ademais de realizar o seu traballo por baixo salario, ós [[Comunismo|comunistas]] por atacar as tradicións relixiosas e a propiedade, e ás clases altas liberais corruptas dedicadas á compra-venda de poder tan típica na restauración española.
Liña 35:
Aplicando as súas ideas sobre filoloxía vasca acuñou un nome para o país: ''Euzkadi'' (en detrimento do vocábulo empregado até entón durante séculos, ''[[País Vasco (rexión histórica)|Euskal Herria]]'') e unha bandeira, a [[ikurriña]], pensada nun principio para que fose a bandeira da [[Biscaia]] independiente aínda que, dada a súa difusión ó longo do País Vasco francés e español se asociou con toda a rexión. En [[1895]] fundou o [[Partido Nacionalista Vasco]], principal organización política do [[País Vasco]].
 
Instaurou a celebración do ''[[Aberri Eguna]]'' (día da nación) o domingo de Pascua de cada ano, comezando co lema "''Euzkadi Euzkaldunon Aberria da''" (Euskadi é a patria dos vascos). Nos derradeiros anos da súa vida as súas ideas evolucionaron a modos máis moderados, desaparecendo a compoñente étnica nos seus escritos e manténdose a cultural e social.
 
Na última etapa da súa vida desenvolveu a proposta ''españolista'', o cal supuxo un xiro radical ás teses que viña defendendo: propoñía unha colaboración co goberno español como única vía para acadar os obxectivos de soberanía do partido. Trala súa morte os responsables do [[PNV]] foron arreconchegando estas novas aportacións ideolóxicas do seu fundador.
Liña 57:
* [http://www.sabinoarana.org Fundación Sabino Arana]
 
{{ORDENAR:Arana Goiri, Sabino}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Arana Goiri, Sabino}}
[[Categoría:Nacionalismo vasco]]
[[Categoría:Personalidades da política do País Vasco]]